Arquivo | Maio, 2010

A ANPA informa

26 Mai

A Xunta Directiva deste ANPA aborda unha renovación parcial dos seus membros para o vindeiro curso.
É preciso que se incorporen á mesma novos membros que cubran as vacantes ou ben que se presente unha nova candidatura polo total da Xunta Directiva.
En calqueira caso, é importante lembrar as importantes funcións que a ANPA realiza ao ofertar servizos coma os de comedor ou actividades extraescolares, de tal xeito que estes NON existirían no caso de non atopar familias dispostas a se integrar na ANPA.
Aqueles de vos que decidades participar na asociación, vos aconsellamos unha incorporación temprana ao efecto de vos comezar a explicar o funcionamento das nosas tarefas.

Moitas grazas.

Advertisements

Festa APA – Fin de Curso 2009/2010

26 Mai

O  vindeiro Venres 28 de maio terá lugar a celebración da festa de Fin de curso organizada pola ANPA.

O programa de actividades é o seguinte:

  • MAÑÁ-
        SESIÓN DE XOGOS de 10:30 a 13:30 horas
            inchables, xogos de animación, xogos deportivos, trikers (cars a pedais)
  • TARDE-
        EXHIBICIÓN DE ACTIVIDADES a partires das 16:30 horas
            – no EXTERIOR, e dependendo do tempo: Ballet e Baile moderno
            – no PAVILLÓN: Ximnásia artística e Judo
            – no AULA de USOS MULTIPLES: Exposición de Artes Plásticas.

                 MERENDA-CEA no patio dop colexio.

ORLA fin de curso

26 Mai

Os alumnos e alumnas  de 6º curso que desexen a orla de fin de curso coma recordo do colexio, poderán recollela a partir do 10 de xuño no local da ANPA.

A orla é un obsequio para os noso socios e socias.
En caso contrario, a orla poderá mercarse previo encargo e pago de 5 €.

Agradecemento

26 Mai

Queremos agradecer especialmente aos socios e socias desta asociación que fagan posible coa súa cota, entre outras cousas, a festa de fin de curso que terá lugar o vindeiro 28 de maio na escola.

E animamos a todos os pais e nais a que participedes con nós no futuro.

Abono de ACtividades Extraescolares

26 Mai

Pregamos a todos aqueles que teñades pagos pendentes das actividades extraescolares, pasedes a facelos efectivos o antes posible para poder pechar as contas deste capítulo para o presente curso.

Moitas grazas.

Subvencións de comedor : Curso 2008-2009

26 Mai

Os luns é o día no que se abonan as Subvencións da Xunta ás familias que foron usuarias do servizo de Comedor dende o mes de decembro de 2008 a o mes de xuño de 2009.

Mandilóns e Chándales

26 Mai

A ANPA  dixará de vender os mandilóns e chándales do colexio o vindeiro curso, tal ecoma viña facendo ata o momento.  As prendas poderán ser adquiridas en diferentes comercios da cidade, polo que xa esperamos que os prezos varían considerablemente. 

Polo de agora estas prendas poderán se adquirir na nosa oficina ATA FIN DE EXISTENCIAS.