Arquivo | Xuño, 2010

Reunión da ANPA

10 Xuñ

Esta Asociación anuncia a celebración dunha reunión o vindeiro luns 21 de xuño ás 16:30 horas, onde na orde do día figura a  presentación das contas relativas a gastos e ingresos deste curso, e  onde esperamos que se forme a nova xunta directiva.

Despedida ao director, Venancio Graña

6 Xuñ

CON MOTIVO DA XUBILACIÓN DE VENANCIO GRAÑA, DIRECTOR DO NOSO COLEXIO DURANTE TANTOS ANOS, QUEREMOS DEDICAR UN ESPAZO DE AGRADECEMENTO POLA SÚA LABOR NO CENTRO. SABEMOS QUE A DESENVOLVEU SEMPRE CON TOTAL DEDICACIÓN E QUEREMOS TRANSMITIRLLE NESTA NOVA ETAPA DA SÚA VIDA O MELLOR DOS NOSOS DESEXOS.

DESDE ESTA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CEIP VICTOR LÓPEZ SEOANE,

BOA SORTE VENANCIO.

Ás familias de alumn@s de novo ingreso

4 Xuñ

Estimadas nais e pais, dámosvos a benvida ao colexio, e aproveitamos para informarvos de varios puntos que poden ser do voso interese.

A partir do día 1 de xuño e até final de curso o novo horario da ANPA será de 9:00 h a 9:30 h da mañá os luns, xoves e  venres.

Se queredes que os vosos fillos fagan uso do servizo de comedor ou do programa madrugadores desde o primeiro día do curso, debedes cubrir os impresos de solicitude, antes de que remate este curso, estes estarán dispoñibles :

  • no local do comedor
  • desde o día 1 de xuño, todos os días antes das 9 da mañán, ou de 2 a 4 da tarde,
  • e quen estea interesado terá que entregalos cubertos no mesmo sitio e ás mesmas horas antes do 20 de xuño.

Para resolver calquera dubida ou aclaración con respecto a estes ou outros temas, podedes dirixirvos á oficina no horario antes indicado.

A ANPA vai deixar de vender os chándales e mandilóns de Educación Infantil, até  fin de existencias podedes conseguir esta roupa na oficina, despois a venda farase nas mesmas tendas da cidade onde se venden os uniformes e os prezos variarán considerablemente. 

Como novidade salientable a ANPA ten un blog grazas a colaboración dunha nai da asociación que o deseñou. Podédelo consultar no seguinte enderezo: https://anpafaro.wordpress.com

UN SAÚDO

Menú de xuño

1 Xuñ

Fai clic no menú para agrandar.