Ás familias de alumn@s de novo ingreso

4 Xuñ

Estimadas nais e pais, dámosvos a benvida ao colexio, e aproveitamos para informarvos de varios puntos que poden ser do voso interese.

A partir do día 1 de xuño e até final de curso o novo horario da ANPA será de 9:00 h a 9:30 h da mañá os luns, xoves e  venres.

Se queredes que os vosos fillos fagan uso do servizo de comedor ou do programa madrugadores desde o primeiro día do curso, debedes cubrir os impresos de solicitude, antes de que remate este curso, estes estarán dispoñibles :

  • no local do comedor
  • desde o día 1 de xuño, todos os días antes das 9 da mañán, ou de 2 a 4 da tarde,
  • e quen estea interesado terá que entregalos cubertos no mesmo sitio e ás mesmas horas antes do 20 de xuño.

Para resolver calquera dubida ou aclaración con respecto a estes ou outros temas, podedes dirixirvos á oficina no horario antes indicado.

A ANPA vai deixar de vender os chándales e mandilóns de Educación Infantil, até  fin de existencias podedes conseguir esta roupa na oficina, despois a venda farase nas mesmas tendas da cidade onde se venden os uniformes e os prezos variarán considerablemente. 

Como novidade salientable a ANPA ten un blog grazas a colaboración dunha nai da asociación que o deseñou. Podédelo consultar no seguinte enderezo: https://anpafaro.wordpress.com

UN SAÚDO

Advertisements

3 Respostas to “Ás familias de alumn@s de novo ingreso”

  1. carmen 07/06/2010 ás 10:13 am #

    Soy usuaria del servicio de madrugadores y me gustaría animar a los padres que tengan previsto utilizarlo que lo comuniquen lo antes posible al APA. Necesitamos reunir 15 niños (con desayuno) para que nos concedan el servicio y cuanto antes lo hagamos más tranquilos pasaremos el verano. Gracias

  2. Fernanda 08/06/2010 ás 3:10 pm #

    Me parece muy buena iniciativa la del blog es una forma rápida de acceder a la información del colegio, sobre todo si siempre andas a carreras a la hora de entrar y salir del cole.
    Gracias por vuestro esfuerzo!!!!!

  3. anpafaro 08/06/2010 ás 4:21 pm #

    Moitas gracias a vos!
    Hai pouco que o blogue está de verdade en marcha, polo que o atoparedes ainda pouco eficaz: por contidos e por usuarios.
    Amodiño irémolo recheando para que sexa todo o efectivo que o poidamos facer para o comezo do curso que ven 🙂
    Un saúdo
    ANPA Faro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: