Arquivo | Setembro, 2012

Novas sobre o POE

27 Set

Informamos que o POE non está disponible os martes, por falta de alumnado para facer grupo. Os que xa o teñades pagado, podedes pasar pola oficina e devolverémosvos os cartos.

Por outra banda, lembramos que a partir do luns o horario de atención presencial da ANPA na oficina cambia. Estaremos á vosa disposición os luns e mércores de 16 a 18 horas, e os venres de 9 a 9:30 horas. Sempre poderedes consultar  este horario no apartado “CONTACTO” do blog:

https://anpafaro.wordpress.com/contact/

 

 

Advertisements

Xogos rítmicos e ritmo / Baile moderno

25 Set

 

Estas dúas actividades xa teñen grupo formado, polo que podedes pasar a pagar o primeiro trimestre cando queirades.

Aviso sobre as actividades.

20 Set

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

Accedede ao link para visualizar o aviso sobre as últimas novidades.

E lembrade que ata o luns 24 estades a tempo de apuntarvos aínda, animádevos!!!

PROGRAMA LECER EDUCATIVO

18 Set

Para a etapa de Educación Infantil e Primeiro ciclo ( 1º e 2º curso ) de Educación Primaria.

HORARIO E PRAZAS:

Realizarase de luns a venres desde as 16 ás 18 horas continuadas, do 1 de outubro de 2012 ao 31 de maio de 2013.

CONTIDOS:

Terá as seguintes actividades asignadas:

  • Obradoiro de Matemáticas e Ciencias recreativa
  • Obradoiro de Artes escénicas (en Inglés).
  • Obradoiro de animación á lectura.
  • Obradoiro de Artes Plásticas e Audiovisuais (en Inglés)
  • Obradoiro de Music and Play (Infantil) e Obradoiro Xogando (Primaria).

MODALIDADES E PREZOS.

1. Modalidade 1 ou total.

As familias poderán seleccionar o bloque completo de actividades de Luns a Venres por un total de 10 horas semanais. Neste suposto o prezo a pagar será de 30 Euros por trimestre en concepto de gastos de material e transporte nas visitas complementarias ao programa.

2. Modalidade 2 ou parcial.

Tamén se poderán seleccionar dias illados, de 1 ata 4, sen chegar a completar a semana.

Os prezos por trimestre en concepto de material e transporte e dependendo dos días de asistencia serán os seguintes:

  • 4 días……….25€
  • 3 ” ……………20€
  • 2 ” ……………15€
  • 1″ …………….10€

INSCRICIÓN:

No local da ANPA ata o 24 de setembro de 2012. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.

Para a etapa de 2º ciclo (3º a 6º) de Educación Primaria

Obradoiro de artes escénicas e obradoiro de artes plásticas e visuais: Dirixido a alumnado de 3º e 4º de primaria, consta 2 horas semanais distribuídas en días alternos desde as 16.00 ás 17.00 h e/ou desde as 17.00 ás 18.00 h, e custan 12€ / mes. Será necesario para que se celebre un mínimo de 10 persoas.

Listen and Speak: Dirixido a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria por 12€ / mes. Cada grupo (mínimo 10 e máximo 15) recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios:3º e 4º de primaria das 16.00 ás 17.00 h. e 5º e 6º de primaria das 17.00 ás 18.00 h.

CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR:

A Campaña de Natación Escolar vai dirixida aos alumnos de 2º ciclo de Ed. Primaria (3º a 6º). O número de prazas ofertadas é de 25, sendo necesario un mínimo de 12 para a participación na mesma.

Levarase a cabo na Piscina do “Club del Mar de San Amaro”os mércores de 16:30 a 17:15h.

O prezo por alumno é de 53,47 € por curso completo. A cota inclúe o traslado dende o centro con acompañante, e unha cobertura sanitaria.

O prazo máximo de inscrición para os alumnos remata o día 24 de setembro.

A data de comezo prevista da Campaña de Natación Escolar é na semana do 1 ao 5 de outubro.

Máis información – Coruna_educa_2012_13

Os nosos agradecementos especiais a Conchi, a nosa Presidenta, dado que é gracias ao seu esforzo de contacto permanente coa Federación, o Concello e a Asociación, foi quen fixo posible que hoxe teñamos esta completa oferta de actividades. Moitas gracias!!!

ACTIVIDADES CURSO 2012/13.

18 Set


HORARIO DEFINITIVO DEPORTE NO CENTRO CURSO 2012 – 2013

Día

De 16 a 17 horas

De 17 a 18 horas

Luns

Xogos rítmicos e Ritmo (E.I.) Ballet – Aula Múltiple
Patinaxe (E.P.) – Pavillón
Baile moderno (E.P.) – Aula Múltiple
Pre-Patinaxe (E.I.) – Pavillón

Martes

Xogos e Predeportes (E.I. e 1º E.P) – Pavillón
Aerobic
(3º a 6º E.P.) – Aula Múltiple

Judo E.I. – Pavillón

Multideportes (2º a 6º E.P.) – Pavillón
Ximnasia rítmica (E.P.) – Aula Múltiple

Judo E.P. – Pavillón

Mércores

Patinaxe (E. P.) – Pavillón
Xogos de taboleiro e fichas (E.I. e 1º E.P) – 1ª Planta

Xogos rítmicos e Ritmo (E.I.) Ballet – Aula Múltiple

Baile moderno (E.P.) – Aula Múltiple
Pre-Patinaxe (E.I.) – Pavillón

Pre-Xadrez e Xadrez (2º a 6º E.P.) – 1ª Planta

Xoves

Xogos e Predeportes (E.I. e 1º E.P) – Pavillón
Ximnasia rítmica (E.P.) – Aula Múltiple
Multideportes (2º a 6º E.P.) – Pavillón
Aerobic
(3º a 6º E.P.) – Aula Múltiple

Venres

Judo (E.I.) – Aula Múltiple
Balonmano (E.P.) – Pavillón

Xogos de taboleiro e fichas (E.I. e 1º E.P) – 1ª Planta

Judo (E.P.) – Aula Múltiple
Balonmano (E.P.) – Pavillón

Pre-Xadrez e Xadrez (2º a 6º E.P.) – 1ª Planta

se poderá escoller entre estas actividades, aínda que no futuro se poidan ampliar en función da demanda.

O alumnado que vén da casa ás clases que se realizan no pavillón debe de ser acompañado e recollido alí.

As actividades comezan o 1 de outubro ata o 31 de maio de 2013.

Inscrición

No local da ANPA ata o 24 de setembro de 2012. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.

Cotas de inscrición

Todas as actividades están incluídas no Programa Municipal Deporte no Centro, salvo a de Judo, que terá polo tanto un custo de 16€ mensuais, por 2 horas semanais, ou 8€ mensuais por 1 hora semanal.

O resto páganse en 2 prazos: De outubro a decembro de 2012 e de xaneiro a maio de 2013.

Outubro a decembro 2012:

1 fillo/a: 13€ por cada actividade

2 fillos/as: 10,40€ por cada actividade e fillo/a

3 fillos/as: 9,10€ por cada actividade e fillo/a

+3 fillos/as: 7,80€ por cada actividade e fillo/a

Xaneiro a maio 2013:

1 fillo/a: 20€ por cada actividade

2 fillos/as: 16€ por cada actividade e fillo/a

3 fillos/as: 14€ por cada actividade e fillo/a

+3 fillos/as: 12€ por cada actividade e fillo/a

* A partires de xaneiro de 2013, as cotas poderían ser actualizadas en función da subida do IPC correspondente ao ano anterior ou na cuantía que determine o Servizo Municipal de Educación.

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades, así como un seguro de accidentes para os participantes.

Máis información – Web educativa do Concello da Coruña.

Comeza o curso!!!

10 Set

Xa saberedes que o novo curso comeza o próximo día 12, mércores. A partir dese mesmo día comeza tamén o nosa presencia no Centro para tratar calquera dúbida que teñades sobre comedor, madrugadores, actividades, etc. Este vai ser o noso horario de atención para o curso 2012 / 2013:

Setembro – Martes e xoves de 9 a 9:30 horas

Outubro a maio – Luns, mércores e xoves de 16 a 18:00 horas.

Xuño – Martes e xoves de 9 a 9:30 horas

Recordade que nos diferentes apartados do blog, que se encontran na parte superior (comedor, actividades, etc.) podedes consultar os prazos e procedementos para solicitar calquera destes servizos e o seu funcionamento xeral, así como acceder a atención non presencial no apartado “contacto”.

Tamén lembramos que na web do Centro podedes ver as condicións do período de adaptación para os nenos e nenas de Educación Infantil, e os listados de libros por cursos.  O enlace a esta información está permanentemente á vosa disposición no listado que tedes ao final do blog, á dereita:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvictorseoane

Para calquera outra dúbida quedamos á vosa disposición, e esperamos as vosas ideas e aportacións.

QUE ESTE CURSO SEXA FANTÁSTICO PARA TOD@S!!!.

O NOSO NOVO PATIO

9 Set

A finales do pasado curso, a ANPA decidiu dar un pouco de alegría ao patio do Centro,  pintando no chan das distintas zonas,  xogos variados que permitisen aproveitar eses espazos baleiros  e darlles un pouco de colorido.

Así que recibiremos o curso con un patio moi decorado!!!!

 

Os nosos agradecementos ao Consello Escolar e ao Claustro por autorizarnos  a facelo, pero sobre todo ás catro persoas da Asociación que estiveron pintando durante varios días, incluíndo o novo campo de fútbol pequeno que veredes nada máis entrar.

Gracias a María José (Mamá de Ruth), Javi (Papá de Bruno), Yola (Mamá de Sara) e Raquel (Mamá de Estrela)!!!