Para a etapa de Educación Infantil e Primeiro ciclo ( 1º e 2º curso ) de Educación Primaria.
HORARIO E PRAZAS:
Realizarase de luns a venres desde as 16 ás 18 horas continuadas, do 1 de outubro de 2012 ao 31 de maio de 2013.
CONTIDOS:
Terá as seguintes actividades asignadas:
- Obradoiro de Matemáticas e Ciencias recreativa
- Obradoiro de Artes escénicas (en Inglés).
- Obradoiro de animación á lectura.
- Obradoiro de Artes Plásticas e Audiovisuais (en Inglés)
- Obradoiro de Music and Play (Infantil) e Obradoiro Xogando (Primaria).
MODALIDADES E PREZOS.
1. Modalidade 1 ou total.
As familias poderán seleccionar o bloque completo de actividades de Luns a Venres por un total de 10 horas semanais. Neste suposto o prezo a pagar será de 30 Euros por trimestre en concepto de gastos de material e transporte nas visitas complementarias ao programa.
2. Modalidade 2 ou parcial.
Tamén se poderán seleccionar dias illados, de 1 ata 4, sen chegar a completar a semana.
Os prezos por trimestre en concepto de material e transporte e dependendo dos días de asistencia serán os seguintes:
- 4 días……….25€
- 3 ” ……………20€
- 2 ” ……………15€
- 1″ …………….10€
INSCRICIÓN:
No local da ANPA ata o 24 de setembro de 2012. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.
Para a etapa de 2º ciclo (3º a 6º) de Educación Primaria
Obradoiro de artes escénicas e obradoiro de artes plásticas e visuais: Dirixido a alumnado de 3º e 4º de primaria, consta 2 horas semanais distribuídas en días alternos desde as 16.00 ás 17.00 h e/ou desde as 17.00 ás 18.00 h, e custan 12€ / mes. Será necesario para que se celebre un mínimo de 10 persoas.
Listen and Speak: Dirixido a alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria por 12€ / mes. Cada grupo (mínimo 10 e máximo 15) recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios:3º e 4º de primaria das 16.00 ás 17.00 h. e 5º e 6º de primaria das 17.00 ás 18.00 h.
CAMPAÑA NATACIÓN ESCOLAR:
A Campaña de Natación Escolar vai dirixida aos alumnos de 2º ciclo de Ed. Primaria (3º a 6º). O número de prazas ofertadas é de 25, sendo necesario un mínimo de 12 para a participación na mesma.
Levarase a cabo na Piscina do “Club del Mar de San Amaro”os mércores de 16:30 a 17:15h.
O prezo por alumno é de 53,47 € por curso completo. A cota inclúe o traslado dende o centro con acompañante, e unha cobertura sanitaria.
O prazo máximo de inscrición para os alumnos remata o día 24 de setembro.
A data de comezo prevista da Campaña de Natación Escolar é na semana do 1 ao 5 de outubro.
Máis información – Coruna_educa_2012_13
Os nosos agradecementos especiais a Conchi, a nosa Presidenta, dado que é gracias ao seu esforzo de contacto permanente coa Federación, o Concello e a Asociación, foi quen fixo posible que hoxe teñamos esta completa oferta de actividades. Moitas gracias!!!
Gracias Conchi! o teu traballo é do máis engorroso é o que menos ve a xente, pero que sí ninguén o fixera, ningún dos nosos fillos poderían disfrutar das actividades,gracias en nome dos nenos.
Menudo lío tenemos todos para ponernos de acuerdo con todo lo que hay. Muchas gracias por intentar que conciliemos con nuestro trabajo. Si no fuera por las actividades no sé cómo me arreglaría.
Gracias por vuestro esfuerzo y vuestra paciencia con nosotros, siempre tenéis una sonrisa aunque repitáis lo mismo un montón de veces.
Gracias Patri a vosotros también por vuestra paciencia,lamentamos no haberos dado más tiempo para las inscrpiciones, la federación nos ha dado un plazo muy corto, y hemos estado un poco apurados todos. Un bico.