Arquivo | Outubro, 2012

II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL

29 Out

Con motivo das próximas festas de Nadal e como xa se fixera o ano pasado, o Concello da Coruña por medio da Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, convida ás nenas e nenos do centro a que demostren, un ano máis, a súa capacidade e sensibilidade artística participando no II Concurso de postais de Nadal.

Este concurso rexerase polas seguintes BASES:

1. Poderán participar todas as nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria.

2. A técnica será libre. Non entanto, as purpurinas e as tintas metálicas non serán admitidas.

3.  As dimensións máximas das postais serán A 4. O formato da imaxe será libre sempre e cando respecte as dimensións e por unha soa cara.

4. Non se admitirán os traballos que veñan pregados.

5. No reverso da postal constará:

  • Título do traballo.
  • Nome e apelidos da autora ou autor.
  • Curso e nome do centro docente.

6. Establécense dúas categorías:

  1. Nenas e nenos escolarizados en Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e
  2. Nenas e nenos escolarizados en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

7. Haberá dous premios, un por categoría. Un deles será a felicitación oficial de Nadal do Concello e o outro será o cartel oficial das festas.

8. As postais entregaranse ou remitiranse a:

II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL

Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude

Casa Paredes. Avda. da Marina, 18-2ª planta

15001 A Coruña.

9. Os premios para cada categoría consistirán en material didáctico e libros de lectura.

10. Os premios entregaranse nun acto público no Concello nunha data a determinar e que será comunicada coa suficiente antelación.

11. As postais participantes serán expostas na entrada do Concello no lugar onde se situe o Nacemento.

12. O prazo de presentación das postais ábrese o luns 29 de Outubro e péchase o venres 23 de Novembro.
Agardamos a vosa participación!

Advertisements

CAMBIOS DE ACTIVIDADE

18 Out

Por cuestións organizativas das actividades extraescolares, de cara a coordinación dos pagos coa Federación e o Concello, só será posible o cambio de actividade durante o primeiro mes de cada período:

1º Trimestre (de outubro a decembro): Poderase cambiar de unha a outra actividade ata o 31 de outubro.

2º e 3er. Trimestre (de xaneiro a xuño):  Poderase cambiar de unha a outra actividade ata o 31 de xaneiro.

Moitas gracias pola vosa colaboración.

FOLGA

17 Out

Como saberedes os estudantes convocaron unha folga para os días 16, 17 e 18 deste mes contra os recortes na Educación Pública. Para mañá, última xornada do paro, está convocada tamén a nivel de ANPA, convocase ás nais e pais para que non leven ao alumnado á clase, en ningún nivel educativo.

Tamén vos informamos que a Federación de ANPAS, xa manifestou o seu apoio a esta mobilización.

 

 

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO Ao CENTRO EDUCATIVO

NATACIÓN ESCOLAR

2 Out

Para o alumnado inscrito na actividade de natación, informamos que a parada de bus que os levará ata a piscina é enfrente da Igrexa de San José, onde as escalinatas. A hora de saída é ás 16:05 e a de chegada ás 17:40 horas.

 

Que disfrutedes moito!!!

 

 

 

Imaxe

MENÚ COMEDOR 1º TRIMESTRE

1 Out

 

Modificación menú 1º trimestre