Con motivo das próximas festas de Nadal e como xa se fixera o ano pasado, o Concello da Coruña por medio da Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, convida ás nenas e nenos do centro a que demostren, un ano máis, a súa capacidade e sensibilidade artística participando no II Concurso de postais de Nadal.
Este concurso rexerase polas seguintes BASES:
1. Poderán participar todas as nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria.
2. A técnica será libre. Non entanto, as purpurinas e as tintas metálicas non serán admitidas.
3. As dimensións máximas das postais serán A 4. O formato da imaxe será libre sempre e cando respecte as dimensións e por unha soa cara.
4. Non se admitirán os traballos que veñan pregados.
5. No reverso da postal constará:
- Título do traballo.
- Nome e apelidos da autora ou autor.
- Curso e nome do centro docente.
6. Establécense dúas categorías:
- Nenas e nenos escolarizados en Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e
- Nenas e nenos escolarizados en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
7. Haberá dous premios, un por categoría. Un deles será a felicitación oficial de Nadal do Concello e o outro será o cartel oficial das festas.
8. As postais entregaranse ou remitiranse a:
II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude
Casa Paredes. Avda. da Marina, 18-2ª planta
15001 A Coruña.
9. Os premios para cada categoría consistirán en material didáctico e libros de lectura.
10. Os premios entregaranse nun acto público no Concello nunha data a determinar e que será comunicada coa suficiente antelación.
11. As postais participantes serán expostas na entrada do Concello no lugar onde se situe o Nacemento.
12. O prazo de presentación das postais ábrese o luns 29 de Outubro e péchase o venres 23 de Novembro.
Agardamos a vosa participación!