Arquivo | Novembro, 2012

FOLGA XERAL: 14 NOVEMBRO

12 Nov

O próximo mércores día 14 de novembro, está convocada unha folga xeral a nivel europeo, que obtivo o apoio manifesto das entidades sindicais en España, Portugal, Italia, Grecia, Chipre e Malta.

CONFAPA-GALICIA, (Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos)  ven de asinar unha declaración de apoio á folga e, xunto  coa Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, convidannos a secundar esta convocatoria, tanto o paro como a manifestación convocada con tal motivo que partirá ás 12 h. da Praza da Palloza para rematar en María Pita, contra as políticas de recortes, en defensa dos dereitos básicos dos nosos nenos e nenas, e en defensa dun ensino público de calidade.

Dende a nosa Asociación, decidimos sumarnos á folga, polo que vos informamos que o vindeiro mércores non se impartirán actividades extraescolares, e tamén vos convidamos a participar activamente na mesma.

Enlaces:

Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña

Imaxe da convocatoria conxunta dos sindicatos galegos:

 

 

 

Advertisements

IV CONCURSO DE MONÓLOGOS EN GALEGO

12 Nov
  • Dirixido ao alumnado matriculado na ESO nos centros docentes públicos e privados da cidade.
  • Consiste nun discurso en clave de humor e en Galego cunha duración non superior aos 5 minutos. Haberá tres categorías e tres temas diferentes:

1ª. Alumnado de 1º e 2º da ESO: “WhatsApp”
2ª. Alumnado de 3º e 4º da ESO: “De maior quero ser…”
3º. Alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos: “ Crise? Que crise…”

  • O concurso celebrarase no Teatro Rosalía de Castro o 20 de Decembro a partir das 18 horas.
  • O prazo de presentación das solicitudes está aberto e finaliza o vindeiro 5 de Decembro.

 

 

I CONCURSO DE ÁRBORES E/OU BELÉNS DE NADAL: “UN NADAL ECOLÓXICO”

12 Nov
  • Dirixido a escolares de Infantil e Primaria dos centros docentes públicos e privados da cidade.
  •  Trátase da realización por parte dos centros participantes dunha Árbore de Nadal e/ou Belén con materiais reciclados.
  •  Haberá dous premios, un para a mellor Árbore e outro para o mellor Belén, que serán entregados no mesmo acto público de entrega de premios das postais.
  •  Os premios consistirán nun trofeo conmemorativo para o centro gañador en cada categoría e as 10 mellores Árbores serán expostas nas dependencias municipais durante as festas.
  •  O prazo de inscrición será desde o día 15 de Novembro ata o 5 de Decembro.  (Se queredes que o noso centro participe, facédeo saber a través do noso correo electrónico ou no buzón de suxestións á entrada do centro, e por suposto todas as ideas son benvidas!!)

 

MAGOSTO 2012

11 Nov

O pasado día 29 de outubro, celebrouse o Magosto, organizado polo centro coa colaboración da Asociación. Aquí vos deixamos as imaxes dos nenos e nenas disfrutando das castañas. Tamén agradecemos ás nais e pais que colaboraron na organización de principio a fin:  Vicky, Jonay, Yola, Yolanda, María, Conchi, etc. Seguro que estaban boísimas!!!!

SAMHAIN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS

1 Nov

Para que todo o mundo poida comprobar a arte que hai no noso centro, ahí vai unha pequena mostra das orixinais cabazas que se presentaron durante esta semana polo Samhain. Desfrutade do espectáculo!!!