- Dirixido a escolares de Infantil e Primaria dos centros docentes públicos e privados da cidade.
- Trátase da realización por parte dos centros participantes dunha Árbore de Nadal e/ou Belén con materiais reciclados.
- Haberá dous premios, un para a mellor Árbore e outro para o mellor Belén, que serán entregados no mesmo acto público de entrega de premios das postais.
- Os premios consistirán nun trofeo conmemorativo para o centro gañador en cada categoría e as 10 mellores Árbores serán expostas nas dependencias municipais durante as festas.
- O prazo de inscrición será desde o día 15 de Novembro ata o 5 de Decembro. (Se queredes que o noso centro participe, facédeo saber a través do noso correo electrónico ou no buzón de suxestións á entrada do centro, e por suposto todas as ideas son benvidas!!)