Arquivo | Decembro, 2012

FELICES FESTAS!!

24 Dec

Dende a ANPA, queremos desexarvos unhas felices festas de Nadal, e un mellor ano 2013. Neste novo ano seguiremos poñendo o noso grao de area para que os nosos nenos e nenas disfruten dunha boa experiencia escolar, e para isto esperamos contar coa colaboración de todas as persoas que formamos parte de esa experiencia. Así que , cos nosos mellores desexos,

BO NADAL, E FELIZ ANO 2013!!!

arb

Advertisements

FESTA DE NADAL 2012

16 Dec

AG00176_Este venres 21, os Reis Magos visitarán o noso centro para que os nosos nenos e nenas poidan achegarse a saudalos e contárlles o que piden para este ano; e non só iso, senón que ademáis haberá inchables, un espectáculo de títeres… Todo o necesario para que recibamos as vacacións do Nadal con ilusión e alegría!

Lembrade que é gratuíto o acceso para socias e socios mostrando o carné (se non o tedes poderedes acceder igual facilitando os datos), e para quen non o sexa unicamente terá que contribuír con 3€.

Esperamos a vosa participación, e que disfrutedes moito!

 

Campamentos Nadal 2012

2 Dec

Dende Proyecto Bululú S.L vanse levar a cabo Campamentos de Nadal este ano 2012 no noso centro. Podedes consultar toda a información necesaria no enlace de abaixo (periodo de inscrición, sedes do campamento, turno único, temática, tarifa, etc, …).

CampamentosNadal