Arquivo | Febreiro, 2013

CANCELADAS ACTIVIDADES DE JUDO E POE DO VENRES

14 Feb

Informamos que por motivos totalmente alleos á Asociación, quedan canceladas as actividades de POE e Judo de mañá venres.

Só afecta a este día 15 de febreiro, por necesidades do centro, o resto de clases desenvolveranse con normalidade.

Rogamos desculpedes as molestias que vos poida ocasionar.

 

Advertisements

SUBVENCIÓN COMEDOR

9 Feb

Lembramos a nais e pais do alumnado que utilizou o comedor durante o pasado curso 2011 – 2012, que xa poden recoller os cheques para o cobro da subvención correspondente.

Os días de pago serán os luns e os mércores de 16:00 a 18:00 horas no local da Asociación.

 

ANTROIDO 2013

4 Feb

Este venres día 8 de febreiro, celebramos o entroido!!! a partir das 16:00h. e ata as 19:ooh. disfrutaremos de animación, dun desfile de disfraces e tamén haberá concurso de filloas e orellas.

Aqueles que queiran participar do desfile ou do concurso, poden inscribirse previamente na ANPA, o mércores día 6 de 16 a 18h. ou o propio venres día 8 de 9 a 9:30h.

Finalizado o concurso o alumnado poderá degustar as orellas e filloas, e o gañador ou gañadora recibirá un premio.

A entrada será gratuíta para socios e socias (lembrede traer o carné), o resto de participantes deberán colaborar con un importe de 3 euros.

Agardamos a vosa participación, e que disfrutedes moito do entroido!!!

MC900444699