Arquivo | Marzo, 2013

Info: Asamblea xeral 19M

25 Mar

En relación coa Asamblea Xeral celebrada o pasado día 19 de marzo, e aínda que recibirides una circular con toda a información, adiantamos un breve resumo do falado e dos acordos alcanzados.

Sobre a mostra de actividades, informámosvos que en principio, salvo que nos notifiquen o contrario, terá lugar o sábado 11 de maio no Fórum Metropolitano, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Tamén se presentou o estado de contas, que está á vosa disposición na oficina da ANPA, no horario de atención ao público para quen o queira consultar.

En canto á Orla do alumnado de último curso, acordouse consultar saídas entre as nais e pais do centro, para evitar que unha empresa privada externa se encargara de facelas fotos, dado que a directiva do Colexio non era favorable a esta opción.

Finalmente Mati e Xulio de XIS IMAXE,  ofrecéronse a facer o traballo de balde, e unha vez confirmado coa Secretaria do centro, eles serán os que se encarguen de elaborala.

Dende a ANPA agradecémosllo inmensamente, xa que é gracias á súa colaboración desinteresada que o alumnado de sexto curso  terá un recordo do seu paso polo centro.

Manterémosvos informados dos detalles sobre este tema.

Sobre a Xunta Directiva, informamos do cesamento de nove das doce compoñentes da mesma, e quedamos pendentes da notificación das outras tres sobre a súa continuidade, aínda que a día de hoxe contamos coa confirmación do cesamento dunha décima. Os dous membros restantes non son suficientes para conformar a Xunta Directiva, dado que os estatutos establecen un mínimo de 5 persoas (Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretaria/o, Tesoureira/o e mínimo 1 vocal).

Nos próximos días as persoas interesadas en presentarse para sustituír aos cesantes, ou renovar o seu posto, poden comunicalo á Xunta en funcións, e a finais de mes celebreráse una nova Asamblea Xeral para elixir á nova dirección da ANPA.

Tamés seredes informados das datas exactas a través da correspondente circular.

Sen outro particular, agardamos que sendo conscientes da importancia do traballo da ANPA, que xestiona os servizos de comedor e madrugadores, as actividades extraescolares, as celebracións durante o curso, etc, vos animedes a participar en todos os órganos de decisión da mesma, xa que de isto depende en gran medida a experiencia educativa do alumnado do centro, así como a calidade dos medios e da educación que reciban.

Advertisements

Actividades

21 Mar

A Consellería de Educación publicou onte un aviso por temporal, que suspende as actividades ao aire libre para hoxe día 21 pola tarde.

Esta alerta non afecta ao noso Centro, xa que as clases previstas para os venres son na sala de usos múltiples ou no pavillón.

AS ACTIVIDADES TERÁN LUGAR CON TOTAL NORMALIDADE.

CAMPAMENTO

16 Mar

Para facilitar a conciliación laboral e familiar durante as vacacacións de Semana Santa, facilitámosvos a información que nos fixo chegar a ONG Equus Zebra.

Equus Zebra organiza un campamento que vai ter lugar no CEIP Raquel Camacho, denominado “Mañanitas Primaverales”; desenrolaráse nos días 25,26 e 27 de marzo dende ás 9:00 ás 14:00. O prezo é de 40 euros polos tres días e inclúe merenda, ademáis existe a posibilidade  de solicitar días ou horas soltas.

Nos documentos adxuntos dispoñedes de máis información sobre os obxectivos do campamento, e detalles das actividades que se van celebrar ao longo dos tres días.

Para máis aclaracións podedes dirixirvos aos organizadores no tfno. 881898930

Cartel

Campamento de primavera 2013

 

 

 

 

ASAMBLEA XERAL

16 Mar

O próximo martes día 19 de marzo, celebraráse unha asamblea xeral para todas as socias e socios da ANPA. Será ás 16:30 na aula de servizos múltiples, na planta baixa do centro, coa seguinte orde do día:

– Orla do alumnado de último curso.

– Mostra de actividades.

– Estado de contas.

– Cesamento de parte da Xunta Directiva da ANPA.

– Rogos e preguntas.

Agardamos a vosa participación, agradecendo de antemán a asistencia.