En relación coa Asamblea Xeral celebrada o pasado día 19 de marzo, e aínda que recibirides una circular con toda a información, adiantamos un breve resumo do falado e dos acordos alcanzados.
Sobre a mostra de actividades, informámosvos que en principio, salvo que nos notifiquen o contrario, terá lugar o sábado 11 de maio no Fórum Metropolitano, de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
Tamén se presentou o estado de contas, que está á vosa disposición na oficina da ANPA, no horario de atención ao público para quen o queira consultar.
En canto á Orla do alumnado de último curso, acordouse consultar saídas entre as nais e pais do centro, para evitar que unha empresa privada externa se encargara de facelas fotos, dado que a directiva do Colexio non era favorable a esta opción.
Finalmente Mati e Xulio de XIS IMAXE, ofrecéronse a facer o traballo de balde, e unha vez confirmado coa Secretaria do centro, eles serán os que se encarguen de elaborala.
Dende a ANPA agradecémosllo inmensamente, xa que é gracias á súa colaboración desinteresada que o alumnado de sexto curso terá un recordo do seu paso polo centro.
Manterémosvos informados dos detalles sobre este tema.
Sobre a Xunta Directiva, informamos do cesamento de nove das doce compoñentes da mesma, e quedamos pendentes da notificación das outras tres sobre a súa continuidade, aínda que a día de hoxe contamos coa confirmación do cesamento dunha décima. Os dous membros restantes non son suficientes para conformar a Xunta Directiva, dado que os estatutos establecen un mínimo de 5 persoas (Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretaria/o, Tesoureira/o e mínimo 1 vocal).
Nos próximos días as persoas interesadas en presentarse para sustituír aos cesantes, ou renovar o seu posto, poden comunicalo á Xunta en funcións, e a finais de mes celebreráse una nova Asamblea Xeral para elixir á nova dirección da ANPA.
Tamés seredes informados das datas exactas a través da correspondente circular.
Sen outro particular, agardamos que sendo conscientes da importancia do traballo da ANPA, que xestiona os servizos de comedor e madrugadores, as actividades extraescolares, as celebracións durante o curso, etc, vos animedes a participar en todos os órganos de decisión da mesma, xa que de isto depende en gran medida a experiencia educativa do alumnado do centro, así como a calidade dos medios e da educación que reciban.
Gracias!
Moitas grazas pola información
Moitas grazas a Xis imaxe pola elaboración de balde das orlas, GRAZAS.
Grazas ós membros do ANPA que fixeron posible todos estos anos TODO: actividades extraescolares, madrugadores, comedor, festas de nadal e entroido… e moitas máis cousas que seguro non lembro.
Espero que poidamos seguir con todo isto,…