BOLSAS PARA COMEDOR

Comunicamos a todos os usuarios e usuarias do servizo de comedor que está previsto para o próximo día 9 de Abril de 2013 a publicación das bases para as bolsas de comedor do próximo curso 2013/14, na que figurarán xa os impresos necesarios para a súa solicitude e a documentación a acompañar. Resumimos a continuación os puntos máis relevantes:

. Prazo de presentación: 15 días hábiles a contar desde o día seguinte á súa publicación.
. Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada do Concello e en calquera das súas sedes. O lugar máis próximo ao noso centro tédelo en Urbanismo.
. Renda: Este ano para ser concedida, a renda per cápita (por compoñente) da unidade familiar non pode superar os 4.153,58€ anuais.

Importante: Debido a que o prazo de presentación é moi curto e a documentación requirida é moita, podedes presentar a instancia cos documentos que teñades nese momento e así entrar dentro do prazo, posteriormente podedes entregar a documentación restante.

Aproveitamos para recordarvos que a partir do día 15 de Abril  poderedes formalizar a reserva de praza de comedor e madrugadores para o curso 2013/14. Para o que podedes recoller e entregar  os impresos na ANPA. Antes da súa entrega é requisito imprescindible ter pagado 20€ en concepto de cota anual como socio. Isto vai dirixido a usuarios bolseiros e non bolseiros.

O alumnado que xa o estexa a utilizar tan só terá que entregar o impreso de renovación e os novos e novas solicitantes entregarán impreso de alta e domiciliación bancaria.

O pago da cota da ANPA lembrámosvos que é unha achega que se fai para que esta asociación poida levar a cabo xestións (comedor, madrugadores), eventos (festas), desenvolvemento de actividades extraescolares e achega do material necesario para o desenvolvemento das mesmas así como para os gastos varios que repercuten sobre a Asociación no desenvolvemento destas xestións (teléfono, compulsas, material de oficina, etc).

Sen máis quedamos á vosa disposición para calquera consulta ou dúbida no local da ANPA, a través do noso teléfono, do correo electrónico ou podedes comentar aquí no blog.

2 opiniones sobre “BOLSAS PARA COMEDOR”

  1. Gracias Raquel por ser siempre tan rápida y eficaz. Haces un trabajo fabuloso y muy necesario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: