Arquivo | Xuño, 2013

BENVIDAS E DESPEDIDAS

28 Xuñ

Como xa sabedes este ano escollemos nova Xunta Directiva para a Asociación, e por este motivo a partir de agora, xa finalizado totalmente o curso, as persoas elixidas comezarán a encargarse das xestións que correspondan, do blog, etc.

Así que a nosa máis calurosa benvida para a nova Directiva, desexámoslles moitos éxitos e moita sorte.

Asimesmo, gustaríame agradecer, ao deixar esta función, ás persoas que siguen o blog, a Moni, a Ana, a todas as que sempre participan no blog e nos impulsan cos seus agradecementos e os comentarios.

Espero que dentro das limitacións de tempo, o blog fose unha ferramenta útil, e que vos servise de axuda, pola miña parte foi un pracer.

Agradecer tamén a Conchi, a María José, a Yola, a Mari, a Sonia, a María Rilo, etc, o seu esforzo e todo o traballo que fixeron, en apoio do blog, e en todo o demáis.

E sen máis, despídome do blog, seguiremos a vernos no Cole, nas asambleas, nas festas… 

Gracias a Vanesa, Clarisa, Sergio, etc. por implicarse na Asociación, por asumir a dirección, e moito ánimo!!!

 

Advertisements

CONCENTRACIÓNS EN TODA GALICIA CONTRA A LOMCE E OS RECORTES

18 Xuñ

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte a través de CONFAPA GALICIA, convoca concentracións nas sete grandes cidades de Galicia contra a LOMCE e contra os recortes na Escola Pública, cando se inicia o trámite parlamentario desa contrarreforma inaceptable.

Estas concentracións serán o próximo día 27 de xuño, en concreto na Coruña celebrarase ás 19:00 horas, na Praza de Pontevedra.

Rogamos tratedes de promover ao máximo a participación de toda a comunidade educativa e a cidadanía en xeral.

Non podemos terminar o curso sen que se manteña a mobilización contra esa contrarreforma inaceptable e contra os recortes na escola pública.

LIBROS DE TEXTO 2013/ 14

17 Xuñ

O Centro ven de publicar a listaxe de libros de texto solicitados para o próximo curso 2013 – 2014. Aínda que xa vos informamos do banco de libros, vai dirixida sobre todo para o alumnado de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria, e para quen prefira compralos.

Aquí vos deixamos un enlace á mesma, aínda que tamén vos lembramos que dispoñedes dun acceso permanente á web do Colexio na sección “Blogroll”, ao final da columna dereita da nosa páxina.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014

ACTIVIDADES CURSO 2013/ 14

17 Xuñ

A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello, anuncia os programas educativos para o próximo curso 2013 – 2014. A partires do 12 de setembro ofrecerán información máis detallada, que vos iremos facilitando.

 

CARTEL CEIPs_COE 13-14

 

 

FESTA FIN DE CURSO 2013

17 Xuñ

O próximo xoves día 20 de xuño, terá lugar ás 16:30 horas a festa de fin de curso organizada pola ANPA.

Lembramos que as socias e socios poderán acceder gratis, mostrando o carné, e os non socios deberán pagar unha entrada de 5€.

O programa da festa é o seguinte:

De 16:30 a 17h –Animación e xogos populares.

De 17:00 a 19:10 – Inchables (4) e obradoiros de globoflexia, maquillaxe e chapas.

19:10 – Despedida con animación.

É importante ter en conta que, nin a empresa contratada nin a Asociación se fan responsables do coidado dos nenos e nenas durante a festa, por iso é recomendable, sobre todo para os máis pequenos, que acudan acompañados.

Sen outro particular, agardamos a vosa participación.

FELICES VACACIÓNS!!


10 RAZÓNS PARA REXEITAR A LEI WERT

14 Xuñ

Adxuntamos, para o voso coñecemento o documento “10 RAZÓNS PaRA REXEITAR A LEI WERT” que consensuou CONFAPA Galicia e CEAPA, entre o pasado día 30 e o día 13 de xuño cos distintos Grupos Parlamentarios do Congreso e os Sindicatos.

 

10 RAZÓNS PARA REXEITAR A LEI WERT

MANIFESTACIÓN CONTRA A LOMCE

12 Xuñ
No plan de mobilizacións para o inicio do trámite parlamentar do proxecto da LOMCE, o vindeiro domingo día 16, de diferentes cidades de Galicia, partirán as manifestacións convocadas pola Plataforma Estatal en Defensa do Ensino Público. En concreto na Coruña partirá da Praza da Palloza ás 12h.
Este formato de manifestación realizarase o mesmo día tamén en todo o Estado, formando parte da Marea Verde, polo que para facer notoria á presenza da comunidade escolar movilizada contra a LOMCE e os recortes, anímase a participar coa cor característica, o verde, a través das camisetas e/ou outras prendas desa mesma cor.
4 cartaz manif 16J
Por outra banda, tamén nos animan a enviar correos masivos ao Presidente da Xunta de Galicia e do Goberno central, para expresar o noso rexeitamento á aprobación desta lei:
* Carta a remitir como persona individual ao presidente do Goberno de España que se transmíte a través do formulario da web do Pazo da Moncloa.
*Carta a remitir ao presidente da Xunta (aquí). Enviar ao enderezo de correo-e: secretaria.presidente@xunta.es
Seguiremos informando das iniciativas que se vaian convocando para evitar a aprobación desta lei e en defensa so Ensino público, que é vital para garantir o dereito á Educación da cidadanía.