Xa podemos consultar o calendario escolar para o próximo curso 2013 – 2014 no seguinte enlace
Orde de 24 de maio de 2013, DOG nº 107, de 6 de xuño.
O máis destacado:
* A impartición efectiva de clases no 2º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, realizarase do día 11 de setembro de 2013 ao 20 de xuño de 2014, ambos os dous inclusive.
* Períodos de vacacións:
1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2013 ata o día 8 de xaneiro de 2014, ambos os dous inclusive.
2. Entroido: días 3, 4 e 5 de marzo de 2014.
3. Semana Santa: desde o día 14 ata o 21 de abril de 2014, ambos os dous inclusive.
* Período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro: Terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se poderá prolongar mais de 10 días lectivos dende a data de inicio das clases.
Lembramos que tedes un enlace permanente ao calendario na sección de BLOGROLL do blog, nos accesos situados á dereita, e que os detalles de días non lectivos e período de adaptación serán facilitados polo centro.