Arquivo | Setembro, 2013

Compras Colectivas

27 Set

A idea diste blog e que sirva non só coma correa de transmisión entre a Anpa e os pais e nais,  ou só pra  informar e publicar  o día a día do colexio e os nenos,  senón tamén que sirva para difundir calqueira tema de calqueira ámbito, que a todos nós, como integrantes da sociedade, e non só coma pais e nais, nos poida afectar ou repercutir.

Neste senso , iste artigo do Huffintong Post presenta unha alternativa relacionada a coma contratar a luz máis barata, o cal non deixa de ser unha opción interensante dadas as contínuas subas de luz que xa se fixeron , máis as que estan por vir.

http://www.huffingtonpost.es/2013/09/13/compras-colectivas_n_3919733.html

Todo aquel que estexa interesado, no artigo ten os datos para participar nesta iniciativa.

Con relación a iste tipo de noticias, animámosvos que calqueira tipo de iniciativa similar ou ben de calqueira outra índole, a compartades connosco, pra difundila e que chegue o maior número de personas.

Merendas no Aquarium Finisterrae Outono 2013

27 Set

Novas sesións de Merendas no Aquarium Finisterrae para iste Outono 2013. O luns 30 de setembro ábrese o prazo de inscrición para a edición de Outono 2013 das merendas, a partir das 8.30 horas no teléfono 981 189 842

Son unhas tardes pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros na cantina do acuarioRematado xa o verán, volven as Merendas no Aquarium Finisterrae. Nesta nova edición, as sesións terán lugar os sábados (de 16:45 a 18:45) desde o 12 de outubro até o 28 de decembro de 2013. Os participantes de maior idade (7-13 anos) desenvolverán receitas de cociña con peixe recomendado na campaña europea “Elixe o peixe correcto” (liderada en España polo Aquarium Finisterrae) da man de cociñeiras especializadas en actividades educativas. Os máis pequenos (4-6 anos) participarán nun contacontos relacionado co mar e os seres mariños.

Cada participante só pode inscribirse para un único sábado desta serie de Merendas. A actividade repítese cada semana.

 Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando, desde o luns 30 de setembro ao teléfono 981 189 842 a partir das 8.30 horas. Cada neno deberá abonar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá unha invitación para merendar.

 A actividade é gratuíta para os nenos e nenas socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares do Tarxeta 20.

Actividades Para o Fin de Semana

27 Set

Para Mañá sábado 28 de septembro , vos informamos das seguinte actividades:

Se apurades un pouquiño, no Mercado de San Agustín,de 10:30 a 12:00 y de 12:30 a 14:00, talleres de cociña para os que lles guste cociñar; a encargada de impartilos é a cociñeira María Teresa Fernández. Dirixido a nenos de 5 a 9 anos. Mais información nos teléfonos 981 149 686 e 636 447 574.

Taller didáctico de inglés no Club Infantil do C.C. Los Rosales de 18:00 a 20:00. Dirixido a nenos de 3 a 10 anos. Actividade gratuita, sendo só necesaría a inscripción previa na web do centro ou no  teléfono 981 128 118.

 Na FNAC, e con entrada libre, A volta o mundo en 80 adiviñanzas ,de  12:30 a 13:30. E as 16:30, a película de animación “Los Pitufos”.

 Na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano, Nanacontos as 18:30. Dirixido a nenos de 0 a 3 años. Actividade de Contacontos infantil.

 No C.C. Espacio Coruña de 17:30 a 20:00 se desenrrolará un  taller de reciclaxe pra nenos, coa fabricación de unha capa de ozono e distintos obxetos relacionados co medio ambiente.

Dentro do ciclo Forumáxico que se leva a cabo no Fórum Metropolitano de A Coruña, as 19:00 a 20:00 representarase a obra de Javier Muro, “Alucina”, e coa que se pecha iste ciclo.  O precio das  entradas é de 5 euros por actuación, ainda que existe o abono 3 familiar por 12 euros. As entradas podense adquirir a través de:Taquilla da Praza de Ourenseou o mesmo día da función no Fórum Metropolitano.

O domingo día 29, de 17:30 a 20:30 no C.C. Marineda City,. Back to school! Organise your class room and don’t forget your pencilcase! Design your own school uniform. No Espacio Marineda Kids da segunda planta do centro. Actividade didáctica en inglés pra nenos de máis de 5 anos .

Pasade un bo fin de semana!!

Actividades Para os Nenos

25 Set

Mañán xoves día 26, e dentro da actividade de recollida solidaria de roupa que vai a realizar a ONG Equus Zebra na Praza de Lugo, pola tarde dende as 17:00 a 19:00, vanse a  realizar unha serie de actividades gratuitas para os nenos: contacontos, música, taller de pintacaras e xogos, realizadas por animadores profesionais. Ademaís os nenos que se acheguen a participar nas actividades, daráselles unha mochila con merenda.

 

Horario Actividades Extraescolares

24 Set

Adxuntamos o horario definitivo das actividades extraescolares. As que non figuren no horaio non se realizarán debido a que non se alcanzou o número mínimo de nenos pra poder levalas a cabo.

As actividades do POE sí que se impartirán.

Dado que se introduciron algúns cambios nos horarios e días nos que se realizarán algunhas actividades, pedímosvos que as comprobedes, pra que a hora do pago e inscrpción definitiva non haxa erros.

O prazo pra abonar as actividades e o POE remata iste venres día 27 de septembro   ( inclusive ), e agradeceríamos que traiades o importe exacto, ou o máis aproximado posible.

Na actividade de fútbol, e que é  gratuita, só haberá que abonar 6 euros por neno en concepto de seguro de accidentes, e cubre a duración da actividade durante todo o curso.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2013-2014

DE 16 A 17 HORAS

DE 17 A 18 HORAS

LUNES

Ritmo (Ballet)(E.P) – Aula Multiple

Xogos Rítmicos (Ballet) (E.I) – Aula Multiple

Pre-Patinaxe (E.I)– Pavillón

Patinaxe (E.P) Pavillón

MARTES

Judo (E.I) – Aula Múltiple

Judo (E.P) – Aula Multiple

Futbol (E.I) Pavillón

MIERCOLES

Ritmo (Ballet) (E.P) – Aula Multiple

Xogos ritmicos (Ballet) (E.I) – Aula Multiple

Futbol (E.P) – Pavillón

JUEVES

Pre-Patinaxe (E.I) – Pavillón

Patinaxe (E.P) – Pavillón

VIERNES

Fútbol (E.P) –  Pavillón

Fútbol (E.I) –  Pavillón

Judo (E.I) – Aula Multiple

Judo (E.P) – Aula Multiple

Novo Horario Anpa

24 Set

Dende o vindeiro martes 1 de Octubre, o horario do Anpa será os luns de 9:00 a 9:30 e os martes e venres de 16:00 a 18:00.

Para calqueira consulta ou cuestión tedes o móbil do Anpa, que é o 698167733 e o correo electrónico: anpafaro@hotmail.com

Primeira Reunión do Curso da ANPA

24 Set

O vindeiro luns día 30 de septembro, as 17:00 , na aula de usos múltiples do colexio, terá lugar a primeira reunión deste novo Anpa cos pais e nais dos alumnos. Esperamos a vosa presencia, e invitámosvos a vir, xa que imos tratar moitos temas, coma o horario do Anpa, os seguros das actividades de futbol e judo, actividades extraescolares, banco de libros, uniformes, e por suposto rogos e preguntas.

Dado que todas estas cuestións son de interese xeral, pedímosvos tanto a vosa presencia coma  a vosa participación.