Arquivo | Outubro, 2013

Talleres en Familia

25 Out

Dentro das actividades que desenrola o Museo de Belas Artes de A Coruña,hai unha actividade moi orixinal e interesante ,o taller Animais no museo. Taller en familia. Levarase a cabo  todos os sábados, dende o 5 de outubro e ata o 30 de novembro , de 18:00 a 19:30 , e o único requisito é que os participantes sexan familias con nenos.

Neste taller investigarase acerca da presencia de animais, tanto reais coma mitolóxicos, nas obras do museo, así como explicarase o porqué están alí. Despoís, no taller, cada un fará a súa propia representación deses seres lexendarios.

A actividade é gratuita, e só e necesaría a previa inscripción.

Toda a información niste enlace: http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=382&ida=183

Advertisements

Actividades Fin de Semana

25 Out

Boas,  estas son algunas das actividades de cara a iste fin de semana:

Sábado día 26:

Policía.O Código de Circulación, de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Fin de semana dedicado a profesións especiais. Entrada gratuita.

Taller didactico de Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Contacontos Infantiles de Medo ,no C.C. Espacio Coruña, de 17:30 a 20:00. Espectáculo de contacontos pra ir preparandose para os sustos da festa do Samaín. Actividad gratuita no Espacio Peques da planta baixa do centro.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da película Regreso o Futuro.

No Forum Metropolitano Cenicienta e As Zapatillas de Cristal, as 19:00. A cargo da compañía Luna Teatro, revisión por medio dos títeres, a danza e diferentes obxetos do conto clásico. Prezo da entra de 6 euros, có abono familiar o prezo é de  15 euros. Pra nenos a partir de 4 anos.

Fotografía de una escena de la obra que muestra a sus protagonistas, una de ellas dando un salto de danza vestida con unas mallas y por arriba un armazón de miriñaqui.

Domingo día 27:

Peque Chefs de postres monstruosos no C.C: Marineda City Cociña as tuas creacións monstruosas: cupcakes, popcakes e moitas cousas máis de 16:30 a 19:30. No Espacio Marineda Kids da segunda planta.

No Teatro Colón ,Mensaxe sen Botella. Caramuxo teatro presenta un espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse. Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente. Recomendada pra nenos a partir de 5 anos. As 19:00. Prezo de 5 euros.

Que pasedes un bó fin de semana!!

Apoio Da Directiva da Anpa Faro a Folga Xeral Educativa

23 Out

A directiva da Anpa Faro mostra o seu apoio a Folga Xeral na Educación que terá lugar mañá xoves día 24 de outubro.

Consideramos que a Lomce, así coma as reformas do Real Decreto de Bolsas e Axudas ao estudio e o Decreto de Comedores, supoñen non só un recorte significativo nos recursos destinados a Educación Pública , tanto en Colexios coma en Universidades , senón tamén unha ameaza a Escola Pública e os valores que ista defende de calidade e equidade, poñendo en risco a igualdade de oportunidades, e primando aspectos económicistas e clasistas.

Por todo isto, a directiva da Anpa Faro manifesta e ratifica o seu total apoio a folga de mañá.

https://i1.wp.com/www.fedapascoruna.org/images/24O_Coru%C3%B1a.JPG

Folga No ensino Xoves 24 de Outubro: Actividades Extraescolares

22 Out

As actividades extraescolares do vindeiro xoves 24 de outubro, mantéñense con total normalidade e co seu horario habitual.

Folga No ensino Xoves 24 de Outubro: Comedor CEIP Victor López Seoane

22 Out

Con motivo da folga prevista no ensino iste vindeiro xoves 24 de outubro, pedímosvos a todolos pais e nais que usades o servicio de comedor do colexio, que no caso de que os nenos non acudan a clase o xoves por motivo da folga, mañan mércores o comuniquedes as monitoras do comedor.

Folga No Ensino Xoves 24 de Outubro.Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público

22 Out
  A Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos de A Coruña, remite o seguinte comunicado con relación a Folga Xeral Educativa de todas as ensinanzas e etapas que se convocou para iste xoves día 24 de outubro;

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público

            

O Goberno central e os autonómicos, utilizando como escusa a crise económica, seguen recortando os recursos económicos e humanos do noso sistema educativo, malia que esta política de axustes non está logrando os obxectivos de aforro que di perseguir como amosan os datos de déficit e débeda pública.

 

Xunto aos recortes, estanse levando a cabo unha serie de reformas, como aLOMCE, o Real Decreto de Bolsas e Axudas ao Estudo, o Decreto de Comedores que desvincula do transporte escolar o dereito ao comedor, o desmesurado incremento das matriculas universitarias que, na nosa opinión, supoñen a volta a un sistema baseado na selección do alumnado para que o progreso nos estudos estea condicionado, con carácter xeral, ao nivel social e ás posibilidades económicas das súas familias, expulsando do sistema a toda aquela persoa que non encaixa nun perfil prefixado ideoloxicamente.

 

Ademais, os nosos actuais gobernantes empéñanse en ignorar a opinión dos cidadáns e estes, á súa vez, seguen amosando un rexeitamento frontal a esta política de recortes e contrarreformas como veñen a demostrar os resultados da “consulta cidadá pola educación”  que se está a desenvolver nestes días. E isto é así porque sufrimos os graves prexuízos que se están producindo á educación pública, que serán moito peores a medio e longo prazo.

 

A Plataforma en Defensa do Ensino Público integrada por nais e pais do alumnado, organizacións de estudantes, sindicatos do ensino e movementos de renovación pedagóxica puxo en marcha, o pasado mes de setembro, un calendario de mobilizacións unitario para esixir aos gobernos estatal e autonómico  que escoiten á comunidade educativa e cesen na súa política de acoso e derribo á educación.

 

Nin os recortes, nin as reformas que se están implementando van resolver os problemas que temos. Todo o contrario, de continuaren por este camiño os problemas que temos agravaranse e, ademais aparecerán novos problemas que nos conducen a unha sociedade con menos cohesión social e máis desvertebrada. Unha sociedade que permite a destrución do seu potencial humano, renunciando á mellor educación de todos os seus integrantes, é unha sociedade sen futuro. Unha sociedade que faga da educación unha mercadoría, que aposte pola privatización de todo o público, pola pelexa entre os cidadáns para aplicar o “sálvese quen poida“, é unha sociedade doente que está abocada a un suicidio social colectivo do que tardará, no mellor dos casos, varias décadas en recuperarse. Mentres, varias xeracións de cidadáns estarán condenadas ao fracaso e a convivir sen un presente e un futuro dignos.

 

É un auténtico ataque ao noso modelo social e de progreso que unha sociedade democrática non pode consentir sen renunciar á súa liberdade e os seus dereitos. Non podemos resignarnos, unha educación de calidade é imprescindible para mellorar a sociedade na que vivimos e para contribuír na conquista real e a extensión dos dereitos fundamentais sobre as que se asintan todas as sociedades democráticas
 

É por iso que forma parte do noso deber denunciar e mobilizar á comunidade educativa contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade que teñen os gobernos autonómico e estatal e polo que facemos un chamamento á sociedade para que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da Folga Xeral educativa de todas as ensinanzas e etapas, á que están chamados todos os sectores, alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestacións por toda a xeografía galega co seguinte calendario:

 

  • A CORUÑA  Hora : 19:30. Praza da Palloza.
  • FERROL Hora: 11:30.  Praza de España.
  • SANTIAGO Hora. 12:00.  Paseo da Alameda
  • PONTEVEDRA Hora: 19 30. Praza da Ferrería
  • VIGO Hora:19:30.Vía  Norte cruze con Urzaiz.
  • VILAGARCÍA DE AROUSA  Hora: 19:30. Avda. da Marina (Casa do Mar).
  • OURENSE Hora:19:30. Subdelegación do Goberno.
  • BARCO DE VALDEORRAS Hora: 11:30. Praza do Concello.
  • LUGO Hora:19:30. Ronda da Muralla (Edificio Administrativo).

 

Diante desta situación, o sector educativo seguirá mobilizándose e esixindo aos gobernos que se atendan as demandas da Comunidade Educativa para resolver os problemas que temos e abordar as reformas necesarias para mellorar a calidade do noso sistema educativo.

 

Por iso, a Plataforma en Defensa do Ensino Público esixe que cesen todos os recortes educativos, do mesmo xeito que esiximos o cese do resto de recortes sociais. De igual modo, esixe que se incremente o número de bolsas e a súa cuantía; que se recuperen os programas educativos que demostraron o seu éxito nos últimos anos, en definitiva que se recupere o nivel de investimento educativo.

 

Esiximos que se retire a LOMCE e que se inicie un proceso de diálogo e procura de solucións conxuntas coas organizacións representativas da Comunidade Educativa que dote de estabilidade ao sistema, desde a Educación Infantil ata a Universidade.

 

24O Manifestacións

18 Out

Xá comenzan as Merendas con Contos que se realizan nas Bibliotecas Municipais de A Coruña.

 

Aquí tendes o calendario:

E aquí o enlace a toda a informcaión acerca de coma conseguir as inviatacions: https://www.facebook.com/events/435380686570487/?ref=22