Actividades Fin de Semana

Iste longo fin de semana hai unha gran cantidade de actividades onde escoller.

Iste venres día 4 :

No C.C. Los Rosales, de 18:00 a 20:00 celebrarase o Día mundial dos animais. Haberá un taller de elaboración de búhos e un contacontos ” El Pollito de la avellana”. Actividade gratuita, previa inscripción na web ou no teléfono 981 128 118.

No C.C. Marineda City impartirase un Taller de Origamis,de 17:30 a 20:30. Ensiñarase coma facer diferentes figuriñas de papel: osos, elefantes,…A actividade desenrolarase no espacio Marineda Kids na planta baixa.

Na Fnac, e dentro das actividades que leva a cabo o Club Fnac Junior, as 18:00 a actividade “Panaderos de cuento”. Onde tamén se elaborara pan.

No C.C. Espacio Coruña,  de 17:30 a 20:00 na  Planta Baixa, o contacontos “Cuidando el medio Ambiente”, onde tamén haberá xogos interactivos. Actividade gratuita.

Sábado día 5 :

Dentro do programa de actividades das festas do rosario, de 16:30 a 19:00 na Praza das Bárbaras, teran lugar as actividades infantiles. Haberá talleres de reposteria,malabares, escultura ,títeres, textil e cestería.
Todas istas actividades continuarán ata o día 7, e ademais o luns ,as 17:00 na Praza de Azcárraga, concierto do grupo Mamá Cabra “Bicos de música”.

 No C.C. Los Rosales, de 18:00 a 20:00, desenrolarase un Taller de Paracaidas, coa creación de chaveiros e xogoscon paracaídas para os máis pequenos. Actividad gratuita, sendo necesaría a inscripción vía web ou no teléfono 981 128 118.

No MACUF, e dentro do ciclo de cine familiar, as 18:00 proxectarase a película “Los Goonies”. Todas as tardes dos sábados, e de forma gratuita, proxectaranse películas tanto clásicas coma actuais, co fin de recuperar a idea de ir o cine en familia.

No Club Fnac Junior, as 12:30, fin de Semana de Cocina, con Contos de cociñeiros. E o final receta sorpresa.

No C.C. Espacio Coruña, de 17:30 a 20:00 teatro infantil co “Duende Sico”. Os exploradores marchosos e  o mapa dos xogos ocultos.

Domingo día 6:

No C.C. Marineda City ,de 16:30 a 19:30 levarase a cabo una Festa Medieval, con cabaleiros, damas e todos os personaxes dos contos medievales. No espacio Marineda Kids da segunda planta. Ista actividade repetirase tamén o luns 7, pero coma un taller medieval, onde crear escudos, bandeiras, espadas… Activididade gratuita.

Luns día 7:

Nos tres Museos Ciéntificos Coruñeses, iste día, a entrada é gratuita, así coma as proxeccions das películas 3D na Domus.

 Disfrutade do fin de semana!!

4 opiniones sobre “Actividades Fin de Semana”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: