Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público
O Goberno central e os autonómicos, utilizando como escusa a crise económica, seguen recortando os recursos económicos e humanos do noso sistema educativo, malia que esta política de axustes non está logrando os obxectivos de aforro que di perseguir como amosan os datos de déficit e débeda pública.
Xunto aos recortes, estanse levando a cabo unha serie de reformas, como aLOMCE, o Real Decreto de Bolsas e Axudas ao Estudo, o Decreto de Comedores que desvincula do transporte escolar o dereito ao comedor, o desmesurado incremento das matriculas universitarias que, na nosa opinión, supoñen a volta a un sistema baseado na selección do alumnado para que o progreso nos estudos estea condicionado, con carácter xeral, ao nivel social e ás posibilidades económicas das súas familias, expulsando do sistema a toda aquela persoa que non encaixa nun perfil prefixado ideoloxicamente.
Ademais, os nosos actuais gobernantes empéñanse en ignorar a opinión dos cidadáns e estes, á súa vez, seguen amosando un rexeitamento frontal a esta política de recortes e contrarreformas como veñen a demostrar os resultados da “consulta cidadá pola educación” que se está a desenvolver nestes días. E isto é así porque sufrimos os graves prexuízos que se están producindo á educación pública, que serán moito peores a medio e longo prazo.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público integrada por nais e pais do alumnado, organizacións de estudantes, sindicatos do ensino e movementos de renovación pedagóxica puxo en marcha, o pasado mes de setembro, un calendario de mobilizacións unitario para esixir aos gobernos estatal e autonómico que escoiten á comunidade educativa e cesen na súa política de acoso e derribo á educación.
Nin os recortes, nin as reformas que se están implementando van resolver os problemas que temos. Todo o contrario, de continuaren por este camiño os problemas que temos agravaranse e, ademais aparecerán novos problemas que nos conducen a unha sociedade con menos cohesión social e máis desvertebrada. Unha sociedade que permite a destrución do seu potencial humano, renunciando á mellor educación de todos os seus integrantes, é unha sociedade sen futuro. Unha sociedade que faga da educación unha mercadoría, que aposte pola privatización de todo o público, pola pelexa entre os cidadáns para aplicar o “sálvese quen poida“, é unha sociedade doente que está abocada a un suicidio social colectivo do que tardará, no mellor dos casos, varias décadas en recuperarse. Mentres, varias xeracións de cidadáns estarán condenadas ao fracaso e a convivir sen un presente e un futuro dignos.
É un auténtico ataque ao noso modelo social e de progreso que unha sociedade democrática non pode consentir sen renunciar á súa liberdade e os seus dereitos. Non podemos resignarnos, unha educación de calidade é imprescindible para mellorar a sociedade na que vivimos e para contribuír na conquista real e a extensión dos dereitos fundamentais sobre as que se asintan todas as sociedades democráticas
É por iso que forma parte do noso deber denunciar e mobilizar á comunidade educativa contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade que teñen os gobernos autonómico e estatal e polo que facemos un chamamento á sociedade para que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da Folga Xeral educativa de todas as ensinanzas e etapas, á que están chamados todos os sectores, alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestacións por toda a xeografía galega co seguinte calendario:
- A CORUÑA Hora : 19:30. Praza da Palloza.
- FERROL Hora: 11:30. Praza de España.
- SANTIAGO Hora. 12:00. Paseo da Alameda
- PONTEVEDRA Hora: 19 30. Praza da Ferrería
- VIGO Hora:19:30.Vía Norte cruze con Urzaiz.
- VILAGARCÍA DE AROUSA Hora: 19:30. Avda. da Marina (Casa do Mar).
- OURENSE Hora:19:30. Subdelegación do Goberno.
- BARCO DE VALDEORRAS Hora: 11:30. Praza do Concello.
- LUGO Hora:19:30. Ronda da Muralla (Edificio Administrativo).
Diante desta situación, o sector educativo seguirá mobilizándose e esixindo aos gobernos que se atendan as demandas da Comunidade Educativa para resolver os problemas que temos e abordar as reformas necesarias para mellorar a calidade do noso sistema educativo.
Por iso, a Plataforma en Defensa do Ensino Público esixe que cesen todos os recortes educativos, do mesmo xeito que esiximos o cese do resto de recortes sociais. De igual modo, esixe que se incremente o número de bolsas e a súa cuantía; que se recuperen os programas educativos que demostraron o seu éxito nos últimos anos, en definitiva que se recupere o nivel de investimento educativo.
Esiximos que se retire a LOMCE e que se inicie un proceso de diálogo e procura de solucións conxuntas coas organizacións representativas da Comunidade Educativa que dote de estabilidade ao sistema, desde a Educación Infantil ata a Universidade.
Hola,
veo que habeis puesto en el blog un “Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público” por la huelga del próximo jueves pero quisiera saber si el anpa la apoya?? ya que vosotros vereis mejor que nosotros la situación del colegio, necesidades, deficiencias, etc… un saludo
Boas Ana; Un dos obxetivos de iste blog é la difusión de información que como pais ou nais poidanos resultar relevante; Niste caso, o feito de difundir ista información da Federación de Anpas, é para que todo o munda coñeza os motivos da folga, e teña máis elementos de xuizo e valor, non porque a Anpa tome ou deixe de tomar partido; Cada un dos pais e nais do colexio, de forma individual tomaremos a decisión de se os nosos fillos ise día van ou non o colexio. Por outra parte, a folga ten un caracter nacional, e non ten nada que ver con que no noso colexio haxa ou non deficiencias ou carencias. Un saudo!!
Gracias!…sempre en apoio do ensino público!!!….a ver agora, o problema é encontr
ar a alguén que se quede con meu pequerrecho…
Estimado Sergio!!!
Creo verdaderamente que a ANPA FARO debería ter un posicionamento ( como asociación de nais e pais) no que respecta a folga e a LOMCE.
Está claro que cada familia ten o seu posicionamento individual, pero como asociación tamén deberíamos telo, as ANPAS ( formadas polos pais e nai) teñen a finalidade de participar e intervir na xestión do centro, có fin de mellorar a educación e lograr un clima de convivencia no mesmo. Somos pais e nais dispostos a participar ( falo en primeria persoa do plural porque son socia da Anpa) para aumentar a calidade da escola pública e profundizar na xestión democrática do centro.
Non creedes que sería necesario ter un posicionamento ante unha lei que ademais de recortar en recursos humanos e materiais, nas esixencias das bolsas, no decreto de comedores,…????? ( seguro que moitas e moitos de vos tedes máis argumentos) ademais de que mudará alguhas cousas que como Anpa nos afectará nun futuro, con esta lei:????
– Acentuaranse as diferenzas entre centros, non pola relevancia dos seus proxectos, senón por vermos sancionados mecanismos de competencia desleal, podendo reservarse o dereito de admisión do alumnado, ao abeiro dunha mal entendida liberdade de elección de centro, que favorecerá economicamente a progresión da rede privada-concertada.
– Incide na desprofesionalización do profesorado, ao que de novo se lle modifican as condicións de traballo e se lle reduce o ámbito de decisións respecto de aspectos fundamentais do currículo e da vida dos centros.
-O reforzamento das direccións e a perda de peso dos Consellos Escolares minimizarán o traballo participativo da comunidade educativa, apostando por unha xestión xerencialista ao servizo dos intereses dos responsables da administración educativa.
Creo que é algo a reflexionar por parte da Anpa Faro.
Sen máis, moitas grazas polo traballo que facedes como Xunta Directiva e a información que nos achegades no blog cada día
Saúdos
Boas María, a difusión do comunicado da Federación de Anpas, nun primeiro momento ten un sentido de dar información e achegaros mecanismos de xuizo con respecto a folga. A valoración “oficial ” por parte da directiva da Anpa debe darse co consenso das máis de dez persoas que a compoñemos actualmente, valoración que xa temos.
No momento de publicar o comunicado ainda non tiñamos isa postura oficial, de ahí que as valoracións fosen neutras;eu podo opinar coma pai ( e confeso que coma pai teño unha postura tan belixerante coma a túa con respecto a Lomce ), pero neste blog, cando a resposta sexa coma membro da Anpa, debe ser respetando que é o blog que representa a toda a Anpa.
Animarte a continuar participando de forma activa coas actividades da Anpa, e darte as gracias tanto a tí coma a Ana, Moni, María, Rebeca ( e a tod@s os que se pasan polo blog ) por seguir o blog e comentar.
Graciñas e un saudo
Boas a todos,.
grazas Serxio pola rápida resposta ainda que non era a miña intención crear ningunha polémica, simplemente preguntei porque noutras ocasións fíxose unha nota de apoio xunto coa información da federación de anpas, e agora daba a impresión de que ian por separado.
Está ben que teñamos a maior información posible da folga para valorar a nosa participación, e está claro que nestas idades somos as nais e os pais os que imos decidir se @s nos@s fill@s asisten ao colexio, (grazas tamén a María pola sua información), ainda que discrepo contigo no de que por ser a nivel estatal non teña nada que ver co noso colexio.
De todalas formas, ainda que discrepe nalgo, non penses que non se aprecia o traballo do blog, que non é pouco, tanto no referente directamente as actividades da anpa como as de fora dela
Graciñas e un saudo
Boas Ana; a idea é que iste blog sexa un espacio pra intercambiar opinións, informar e discrepar se e preciso. Agradézoche que participes tan activamente cos teus comentarios todas as semanas, e se hai que discrepar… se discrepa!!! Jejeje. O intercambio de opinións é magnífico, e nos permiten crear un marco de diálogo que axude a ter outras perspectivas e que aporte outras ideas que acaben beneficiando a tod@s os que temos fillos no Victor López Seoane.
Por outra parte, ista é a nosa primeira folga coma xunta directiva, así que tamén temos que rodarnos un pouco, especialmente con relación a transmitir o noso posicionamento e a facelo cun pouco máis de antelación.
De novo animaros a tod@s a participar coas vosas opinións en todo o que se publique neste blog, ou que vía personal ou no correo do Anpa nos plantexedes calqueira tema que pensedes que é interesante darlle difusión.
De novo gracias, e un saudo!!!!
Grazas Sergio pola resposta e sumome a discrepancia de Ana que por ser unha folga a nivel estatal non ten nada que ver co noso colexio, son das que pensa que a discrepancia é positiva e nos fai avanzar, e agradezo os espazos para participar e dar a opinión como nais e pais. É o dito, e quero que conste, que agradezo o voso traballo como xuntoa directiva é que o camiño faise pasiño a pasiño, así que parabéns.
Moitas gracias María; Con aportacións coma a túa e as do resto de persoas que vos pronunciades, acaderemos que iste sexa ise espazo de participación pra todos os que compoñemos a comunidade de pais e nais do Victor López Seoane.
Graciñas polos ánimos e un saudo!!