Boas, estas son algunas das actividades de cara a iste fin de semana:
Sábado día 26:
Policía.O Código de Circulación, de 12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Fin de semana dedicado a profesións especiais. Entrada gratuita.
Taller didactico de Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.
Contacontos Infantiles de Medo ,no C.C. Espacio Coruña, de 17:30 a 20:00. Espectáculo de contacontos pra ir preparandose para os sustos da festa do Samaín. Actividad gratuita no Espacio Peques da planta baixa do centro.
No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da película Regreso o Futuro.
No Forum Metropolitano Cenicienta e As Zapatillas de Cristal, as 19:00. A cargo da compañía Luna Teatro, revisión por medio dos títeres, a danza e diferentes obxetos do conto clásico. Prezo da entra de 6 euros, có abono familiar o prezo é de 15 euros. Pra nenos a partir de 4 anos.
Domingo día 27:
Peque Chefs de postres monstruosos no C.C: Marineda City Cociña as tuas creacións monstruosas: cupcakes, popcakes e moitas cousas máis de 16:30 a 19:30. No Espacio Marineda Kids da segunda planta.
No Teatro Colón ,Mensaxe sen Botella. Caramuxo teatro presenta un espectáculo que fala das relacións entre dúas persoas ben distintas que terán que buscar un punto en común para entenderse. Unha proposta emotiva, visual e poética que mistura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente. Recomendada pra nenos a partir de 5 anos. As 19:00. Prezo de 5 euros.
Que pasedes un bó fin de semana!!
Gracias!
Moitas gracias pola información semana tras semana….