Arquivo | Novembro, 2013

Actividades Fin de Semana 30/11 e 01/12

29 Nov

Boas , aquí están algunhas  actividades  pra iste frío fin de semana;

Sábado día 30 de novembro:

Concerto en Familia . As cores das cordas. O grupo ARCOS IRIS, formado por un grupo de 6 cordas (3 violíns, 1 viola, 1 chelo e 1 contrabaixo) da Orquestra Sinfónica de Galicia, ofrece un percorrido sonoro (e visual) pola música dende o século XVIII ata a actualidade, dende Austria ata Irlanda; dende a música celta ao jazz. Os concertos en familia forman parte do ciclo de concertos didácticos, organizados pola Orquestra Sinfónica de Galicia, orientados ao público familiar co obxectivo de achegar os máis pequenos a escoitar música en directo. Terá lugar no Ágora, as 12:00, e a idade recomendada e nenos de entre 8 e ata 12 anos.O prezo é de 2 euros para os menores de 14 anos , e de 3 euros para os adultos.

Taller de Disfraces e Xogos; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Pra rematar as actividades do mes adicado a Grecia, iste sábado “Adios Grecia”, taller de disfraces gregos e xogos tradicionais diste país.

Taller de Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Teatro Infantil, a cargo da compañía Elefante Elegante. “O Aviador “; É un espectáculo de aventuras destinado ao público infantil. A narración oral é acompañada por manipulación de obxetos, sombras chinesas, monicreques, música e xestualidade, creando un universo cómico, interactivo e poético.  A obra está dirixida a nenos de entre 3 a 10 anos,  e terá lugar as 18:00 no Teatro do Andamio, na Rúa Alcalde Suárez Ferrín 10, 15001 A Coruña , e ten un prezo de 5 euros. Tamén se representará o domingo día 1 as 12:30 e as 18:00.

Domingo 1 de decembro:

Contacontos. Contos para nenos. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 17:00 a 19:00.

Continúa o domingo o Taller de Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

 

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 23/11 e 24/11

22 Nov

Boas , aquí están algunhas  actividades  pra iste fin de semana;

Sábado día 23:

Contacontos; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Pra rematar as actividades do mes adicado a Grecia, iste sábado contacontos “Babar e os Xogos Olímpicos de Villa Celeste”. Entrada gratuita.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                           Tamén na FNAC, Cine Infantil , coa proxección da película Monstruos University, a partir das 18:00.

Taller de Manualidades Invernais e Contacontos de Nadal no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Teatro Infantil, coa compañía Teatro Plús , que representará a obra Quiero ser Guapa, obra musical en clave de humor. A representación terá lugar as 18:30,cunha duración aproximada de 50 minutos, e está dirixida a nenos de entre 3 e ata 10 anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección dun clásico, ainda que non moi coñecido, do cine de piratas, tesouros e  aventuras dirixido por Fritz Lang  Los contrabandistas de Moonfleet.

Los contrabandistas de Moonfleet

Teatro Familiar, Interesante espectáculo de teatro familiar, Esos extraños cacharros de mi papa; Teatro breve ambulante o estilo antiguo; Catro personaxes e un actor en escena; O bululú subese as tablas pra arrancar sonrisas e deixar un mensaxe no aire… Ademáis, despoís da obra haberá unha proxección de curtos de animación pra niños. A representación terá lugar as 17:00,cunha duración aproximada de 1 hora . O prezo é de 4 euros e terá lugar  mo Espazo de colisións Artísticas,  Rua monforte 8 .

Domingo 24:

Música Animada, concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados.  Ista actividade terá lugar domingos alternos ata o próximo mes de maio do 2014. Realízase no MACUF, de 12:00 a 13:00 ; É de entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 24, De profesión, ¡compositor! Iste concerto o realizará o violín, o violonchelo e o piano do Trío Merlín.

Toda a información e programación dista actividade neste enlace: http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297138621695/05_pdf_musica_animada_2013.pdf

MACUF_ES_FRI_05_imagen_referencia_musica_animada_2013

Marineda Baila.Taller de baile para toda a familia. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 16:30 a 19:30.

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 16/11 e 17/11

15 Nov

Boas , aquí están algunhas  actividades  pra iste casi invernal fin de semana;

Sábado día 16:

Taller de Disfraces e Manualidades; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. No mes adicado a Grecia, iste sábado taller pra aprender a facer disfraces e manualidades baseados na mitoloxía e os deuses griegos. Entrada gratuita.

Taller Didactico en Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00.Taller adicado a achegar o inglés os nenos de forma divertida. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

 Maxia pra Nen@s, Maxia de salón pra todos os públicos da man de Joshua Bernal.                                                                                                                                                                                                      A Actuación terá lugar as 18:30,cunha duración aproximada de 40 minutos, e está dirixida a nenos a partir de seis anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

https://i1.wp.com/corunainfantil.es/wp-content/uploads/2013/10/cartel-MAGO-JOSHUA-315x420.jpg

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da  película  E.T. El Extraterrestre.

E.T., el extraterrestre - Fotogramas

Dentro do ciclo Concertos en Familia, que é un ciclo de concertos didácticos, organizados pola Orquesta Sinfónica de Galicia, orientados o público familiar co obxetivo de achegar os máis pequenos da familia a música en directo, o grupo de percusión Odaiko e a  Banca Municipal de Música de A Coruña únense  nun divertido programa no que repasarán parte da literatura musical infantil máis coñecida (grandes series, debuxos animados).                                                                                                                                                                                                                        O concerto terá lugar no centro Ágora, as 12:00 . A idade recomendada é pra nen@s de entre 6 e ata 12 anos .O prezo das entradas será de 3 euros para os adulos e de 2 euros pra os nenos de ata 14 anos.

Domingo 17:

PEQUE CHEFS.BÚHOS DE GALLETAS.Taller para os máis larpeiros, onde aprenderan a facer unha merenda con galletas oreo decoradas con lacasitos e como convertilas en búhos. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 16:30 a 19:30.

Que pasedes un bó fin de semana!!

Exposición de Peóns

12 Nov

Bos días, xa sabedes , polo sanmartiño peóns o camiño!!. Aquí tendes os peóns, buxaiñas e bailaretes que os nenos e nenas decoraron , e  que como podedes comprobar, son realmente magníficos!!

IMG-20131108-WA0004 IMG-20131108-WA0003 IMG-20131108-WA0002 IMG-20131108-WA0001 IMG-20131108-WA0000

Menú Comedor 1º Trimestre curso 2013-14

11 Nov

Boas tardes, aquí tendes o calendario e o menú para iste primeiro trimestre, para os nenos que asistan o comedor:

Menu Comedor 1º Trimestre 2013-14

Ilusionismo. Máxia ou ciencia?

8 Nov

Ista vindeira semana, nos Xardíns de Mendez Núñez , vai a estar instalada a Exposición Ilusionismo. Máxia ou ciencia. Ista exposición comenza o mércores 13 de novembro e permanecerá ata o 10 de xaneiro do 2014 e terá o seguinte horario: de luns a venres, de 12.30 a 14 y de 17 a 21 h. Sábados, domingos y festivos, de 11 a 14 y de 17 a 21 h.

A organiza a Obra Social de La Caixa en colaboración cos Museos Ciéntificos Coruñeses, e nesta exposición invítase o visitante a descubrir os fundamentos científicos do ilusionismo e algúns dos mecanismos que emprega.

As actividades xerais, sen reserva previa son:

Visitas guiadas gratuitas todos os días as 18:00 e os sábados, domingos e festivos as 12:00 e as 18:00.

O Misterio da Noite desaparecida: relato dun conto baseado nunha lenda da selva amazónica a partires de sombras chinesas. Os sábados, domingos e festivos as 11:00. Pra nenos de 3 a 7 anos.

Altamente improbable! Sentidos, percepción e cerebro: taller que presenta unha serie de ilusións que exemplifican distintas familias de trucos que empregan habitualmente os ilusionistas e que se poden explicar dende distintas ramas da ciencia. Os sábados, domingos e festivos as 12:00. A partir de 8 anos.

Toda a información neste enlace : http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/exposiciones/ilusionismo_es.html

http://agenda.obrasocial.lacaixa.es/documents/10180/18580/Ilusionismo_imagen_principal_ES/7cbc915f-b61d-4188-af32-a762fd32e879?t=1381855870000?t=1364395807000

Semana da Ciencia

8 Nov

A vindeira semana é a Semana da Ciencia, polo que nos tres Museos Científicos de A Coruña , do 11 e ata o 17 de novembro , a entra será gratuita, tanto os museos como as súas salas de exposicións.Aquí tendes todo o programa de cara a ista vindeira semana:

PROGRAMA COMPLETO

Luns a domingo (11 ao 17 de novembro), será gratis visitar a Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, e tamén asistir ás súas proxeccións (Cinema 3D e Planetario).

Martes (12 de novembro). Taller “Creando robots” para mozos de 15 a 18 anos, na Domus (16:3020:30). Inscricións, gratis, en domus@casaciencias.org

Mércores (13 de novembro). Apertura da exposición “Ilusionismo, maxia ou ciencia?”, inspirada na premisa de que o cerebro é unha fábrica de ilusións. Estará instalada nunha carpa nos Xardíns de Méndez Núñez e organizada pola Obra Social “la Caixa” en colaboración cos Museos Científicos do Concello da Coruña.

Xoves (14 de novembro). Estrea da exposición “National Geographic Society. 125 anos explorando o mundo”, no Aquarium Finisterrae, con fotografías que narran os momentos máis representativos da revista National Geographic Society nos seus 125 anos de exploración do planeta.

Sábado (16 novembro). Conferencia: “A revolución xenómica”, ás 11:00 na Domus (entrada libre até completar aforamento), a cargo do Dr. Ángel Carracedo, Premio Especial do Xurado nos Prismas 2013. A cerimonia de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación terá lugar a continuación no salón de plenos do Concello da Coruña.

Domingo (17 novembro). Clausura de “O asombro de Mr. Darwin” na Casa das Ciencias. Unha exposición interactiva que convida a revivir o camiño que levou a Charles Darwin ao descubrimento da teoría da evolución.

https://i1.wp.com/www.escolarizando.es/wp-content/uploads/2013/08/museos_cientificos.jpg

https://i2.wp.com/www.viajejet.com/wp-content/viajes/domus-a-coru%C3%B1a.jpg