Bos días, estas son algunhas das actividades pra ista longa ponte, na que paradóxicamente, a cantidade de actividades de ocio e a máis reducida das últimas semanas:
Venres día 1 de novembro:
Teatro Infantil “Acuario”; Espectáculo dirixido a nenos e nenos de 5 a 8 anos e as suas familias. Non é preciso inscribirse, a entrada é LIBRE e GRATUITA, ata completar o aforo. Nista actividade, María Canosa e Teatro dos Ghazafellos combinarán poesía, teatro e títeres. “Acuario” é teatro baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título. O seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral.
Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza duns vistosos monicreques e dos actores, da música e dunha escenografía sinxela e atractiva.
No Aquarium Finisterrae, de 20:00 a 20:45.
Venres 1 e sábado 2 de outubro, en Marineda City , Turbo Tour .Todas as actividades son gratuitas e constan dun scalextric de catro pistasde 2,60 x 3,40 m no que os nenos, ademáis de competir, poderán facerse un carnet de piloto; zona de videoxogos; área de xogosde mesa; taller de chapas e photocall. Haberá regalos pra os participantes.
O Turbo Tour estará situado na segunda pranta , e terá o siguiente horario: venres, 1 de 16.00 a 21h.;Sábado 2 de 12 a 14h e de 16 a 21h.
Domingo día 3, No Planetario e se o tempo o permite “Especial Eclipse solar 2013” ; na mañá do domingo producirase unha eclipse total de Sol. A eclipse será total en lugares situados sobre unha estreita franxa que percorre o Océano Atlántico, entra en África por Gabón e crúzaa até Somalia. Dende España verase como unha eclipse parcial, é dicir, que a Lúa só ocultará unha pequena parte do disco solar. Isto implica que nas nosas latitudes non se producirá un descenso acusado dos niveis de luz e o fenómeno pasará inadvertido para quen non dispoña de medios para observar o Sol de forma segura.
![]() |
Por iso, a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e os Museos Científicos Coruñeses organizan unha observación pública. Desde as 11 ás 14h, as persoas que se acheguen na Casa das Ciencias poderán —se o ceo está despexado— observar o Sol a través de telescopios especiais e diversos sistemas de proxección. Simultaneamente, no Planetario proxectaranse imaxes da eclipse noutras latitudes e daranse explicacións sobre a orixe destes fenómenos e o seu impacto na humanidade.
Durante toda a mañá a entrada ao planetario será gratuíta para todos os visitantes que adquirisen a entrada á Casa das Ciencias.
Que pasedes un bó fin de semana!!