Actividades Fin de Semana 09/11 e 10/11

Boas tardes, aquí están algunhas das actividades, ademáis de recoller castañas para o magosto do xoves 14,  pra iste fin de semana;

Sábado día 9:

Taller de Cocina de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. No mes adicado a Grecia, iste sábado taller pra aprender a facer postres griegos. Entrada gratuita.

Taller Musical no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00.Taller pra a creación de maracas e diferentes actividades e xogos relacionados coa música É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Teatro, Contos pra escoitar mentras bailamos uns vals, da compañía A Trastenda dos Contos. Un director de orquestra atribulado tenta atopar nunha proba de selección ós/as mellores musicos/as entre a poboación infantil de Coruña. A través das súas anécdotas, o seu carácter excéntrico e do seu amplo catálogo de instrumentos musicais coñeceremos como a pequena Sabela acabou convertídose nunha das principais intérpretes da Real Orquestra Poli-afónica de Santiago de Compistolas. A obra terá unha duración aproximada de 1 hora, e está dirixida a nenos de entre 4 a 10 anos. O prezo é de 5 euros e representarase na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección da magnífica película de animación Los mundos de Coraline. Como iste ciclo de cine é todos os sábados ata mediados de decembro, aquí tendes o enlace por se queredes ir planificando que películas vos poden interesar: http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297138199428/04_informacion_general_cine_magia_pantalla_2013.pdf

https://i0.wp.com/peliculas.chiquipedia.com/images/mundos-coraline-peliculas-infantiles.jpg

Domingo día 10:

No C.C. Marineda City, FOFUCH@MANÍA. Taller de fofuch@s ,crea connosco un fofuch@ do tu personaxe favorito. No Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 16.30h a 19.30h. Actividade gratuita.

No Teatro Colón ,Bicharada. Bicharada é un espectáculo mudo e sorprendente interpretado por Paula Carballeira, Chiqui Pereira e Anabell Gago que conta a historia dunha araña e unha formiga que viven en paz no seu recuncho até que un día aparece un animal misterioso…un escaravello!. Recomendada pra nenos a partir de 3 anos. As 18:00. Prezo de 5 euros.

https://i2.wp.com/www.teatrocolon.es/wpimages/wp09d5a8a1_05_06.jpg

Que pasedes un bó fin de semana!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.