Actividades Fin de Semana 23/11 e 24/11

22 Nov

Boas , aquí están algunhas  actividades  pra iste fin de semana;

Sábado día 23:

Contacontos; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Pra rematar as actividades do mes adicado a Grecia, iste sábado contacontos “Babar e os Xogos Olímpicos de Villa Celeste”. Entrada gratuita.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                           Tamén na FNAC, Cine Infantil , coa proxección da película Monstruos University, a partir das 18:00.

Taller de Manualidades Invernais e Contacontos de Nadal no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. É necesaria inscripción previa chamando o 981128118 ou na web. Actividade gratuita.

Teatro Infantil, coa compañía Teatro Plús , que representará a obra Quiero ser Guapa, obra musical en clave de humor. A representación terá lugar as 18:30,cunha duración aproximada de 50 minutos, e está dirixida a nenos de entre 3 e ata 10 anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita, proxección dun clásico, ainda que non moi coñecido, do cine de piratas, tesouros e  aventuras dirixido por Fritz Lang  Los contrabandistas de Moonfleet.

Los contrabandistas de Moonfleet

Teatro Familiar, Interesante espectáculo de teatro familiar, Esos extraños cacharros de mi papa; Teatro breve ambulante o estilo antiguo; Catro personaxes e un actor en escena; O bululú subese as tablas pra arrancar sonrisas e deixar un mensaxe no aire… Ademáis, despoís da obra haberá unha proxección de curtos de animación pra niños. A representación terá lugar as 17:00,cunha duración aproximada de 1 hora . O prezo é de 4 euros e terá lugar  mo Espazo de colisións Artísticas,  Rua monforte 8 .

Domingo 24:

Música Animada, concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados.  Ista actividade terá lugar domingos alternos ata o próximo mes de maio do 2014. Realízase no MACUF, de 12:00 a 13:00 ; É de entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 24, De profesión, ¡compositor! Iste concerto o realizará o violín, o violonchelo e o piano do Trío Merlín.

Toda a información e programación dista actividade neste enlace: http://www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297138621695/05_pdf_musica_animada_2013.pdf

MACUF_ES_FRI_05_imagen_referencia_musica_animada_2013

Marineda Baila.Taller de baile para toda a familia. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , de 16:30 a 19:30.

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: