Arquivo | Decembro, 2013

Bo Nadal

24 Dec

Dende a Anpa Faro desexámosvos que pasedes unhas moi boas festas!!

 

Recollida de Xoguetes e Roupa

14 Dec

Bos días,  o longo da próxima semana instalarase no colexio un contenedor da ONG Equus Zebra co fin de recoller tanto xoguetes coma a roupa.

Equus Zebra é unha ONG creada na Coruña no ano 2000 co fin da inserción social e  laboral tanto de persoas inmigradas como de colectivos en especial risco de exclusión social. O mesmo tempo que aposta pola sensibilización medioambiental e social , fomentando o reciclaxe textil e a reutilización da roupa, o que lle permite tanto xerar postos de traballo coma desenrolar e manter todos os seus proxectos e a súa labor social.

 O longo do ano 2012, e dentro dos diferentes programas e actuacións que promoveu a ONG, atendéronse a máis de 2200 persoas.
 A recollida de xoguetes vai dirixida tanto pra os nenos que participan no proxecto da ONG “Agra Integra” coma para tódas as familias que se achegan a ONG nestas datas pra darlles os seus fillos uns xoguetes que de outra forma non poderían ter. O pasado ano, máis de 100 nenos tiveron xoguetes gracias a ista iniciativa. En principio, o día 3 de xaneiro do 2014  terá lugar a festa de entrega de xoguetes.
Todos aqueles xoguetes que teñades en bó estado, teñan ou non a súa caixa orixinal, sirven!!
Con relación a roupa, parte dela dónase a xente que a necesita, e cos recursos que se obteñen do resto da roupa, mantéñese toda a actividade e os servicios que presta a ONG, xa que o carecer de subvencións, os recursos propios son a única forma de manter todas as acción sociais que leva a cabo.
Se queredes profundizar nas actividades da ONG, e a que adica os seus recursos, aquí tendes dous enlaces:
 O de facebook, onde están detalladas de forma diaria as actividades e o traballo da ONG https://www.facebook.com/ongequuszebra.
E a súa páxina web: http://www.equuszebra.es.
Iste tipo de acción tamén sirven pra que os nosos fillos coñezan e valoren a importancia das cousas, que non ter máis é mellor.Que coñezan outras realidades. O valor de compartir e de axudar, e que cun pequeno xesto podemos axudar a outros.
Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración e un saudo!!
Equus Zebra reparte juguetes a niños de familias con pocos recursos
Equus Zebra reparte juguetes a niños de familias con pocos recursos

Actividades Fin de Semana 14/12 e 15/12

14 Dec

Bos días, como máis vale tarde que nunca, aquí tendes algunhas  actividades  pra iste fin de semana;

Sábado día 14:

En Ikea teredes Contacontos , Pintacaras e un Taller  Medioambiental, que realizará a ONG Equus Zebra  dende as 11:30 e ata as 13:30,  con entrada libre, co fin de colaborar coa campaña “Peluches por Educación” .

Foto

No Marineda City, talleres gratuitos dixigidos a nenos  de entre 5 e 13 anos, e os pais que os acompañen, sobre o programa de desarrollo mental ALOHA Mental Arithmetic, que emprega o ábaco e o cálculo mental pra axudar os niños a desarrollar as suas capacidades .  Pra participar nos talleres é necesario inscribirse previamente nos puntos de información de Marineda City, enviando un mail a info.coruna@alohaspain.com ou chamando o 881 243 515. O horario da actividade é de 17:00 a 20:00.

Benefícios para toda la vida

El Mago Adry y la Fábrica de Ilusiones. Benvidos a Fábrica de Ilusions, onde o chiflado Mago Adry vos ensinará  alguns dos  seus últimos aparatos e chismes máxicos. A actuación terá lugar as 18:30,cunha duración aproximada de 450 minutos, e está dirixida a nenos a partir de 5  anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

cartel FÁBRICA DE ILUSIONES web

No MACUF, última proxección da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita e ata completar aforo, proxección dun clásico do cine de aventuras , Los  Goonies.

Los Goonies

Domingo 15:

Taller de Inglés no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita , sendo necesaria a inscripción previa no teléfono 98112811.

Tamén no C.C. Os Rosales, dende as 19:30 , continúa o Festival de Maxia do C.C. Os Rosales , co espéctaculo do Mago Xacobe “Ilusións máxicas show”.Entrada libre.

En Marineda City continúa a actividade de ALOHA Mental Arithmetic, de 17:00 a 20:00.

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Actividades Fin de Semana 07/12 e 08/12

7 Dec

Boas , aquí tendes algunhas  actividades  pra iste fin de semana;

Sábado día 07:

Contacontos , Pintacaras e Talleres , que realizará a ONG Equus Zebra en Ikea, dende as 11:30, e con entrada libre, co fin de colaborar coa campaña “Peluches por Educación” .

Contacontos “Martiño” , teatro de sombras e manualidades; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Pra ir preparando o nadal, iste sábado contacontos e manualidades. Entrada Gratuita.

Taller de Elaboración de Arbores de Nadal no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00.  Actividade gratuita. Tamén no C.C. Os Rosales, dende as 19:30 , comenzo do Festival de Magia do C.C. Os Rosales , co espéctaculo do Mago Richard.

Teatro Infantil “Pizpireta”, con  Noemí Miranda.Pizpireta é unha gran contadora de contos e sempre vai acompañada do seu baúl. Coa axuda dos nenos conseguirá abrilo pra que poidan sair todas as suas historias e os  seus divertidos personaxes. A representación terá lugar as 18:30,cunha duración aproximada de 45 minutos, e está dirixida a nenos de entre 3 e ata 10 anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala La Tuerka 27 C/ Doctor Fleming 27.

No MACUF, dentro da actividade de Cine en Familia, as 18:00 e con entrada gratuita e hasta completar aforo, proxección dunha mágnifica e fascinante película baseada nun fermoso libro de  Maurice Sendak : Donde viven los Monstruos.

Domingo 08:

Música Animada, no Macuf. Concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados. De 12:00 a 13:00 ; É de entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 8, Canta con Nosotros. Iste concerto o realizarán os cantantes  Victoria Alvarez e Miguel Abalo co piano de José Manuel Yáñez, e que faran un achegamento o musical por medio de clásicos coma Peter Pan ou  O libro da Selva.

Taller de Elaboración de Postais de Nadal no C.C: Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita.

Manualidades Dysney: Aviones y Monstruos University; de 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Manualidades e xogos baseados nestas dúas películas . Entrada Gratuita.

Taller de Nadal.En Marineda City.Talleres  con diferentes actividades e manualidades navideñas. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17:00 as 20:00 e con entrada libre.

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Pago de Actividades

1 Dec

Boas, tal e como vos comunicamos por medio dunha circular, dende mañán luns día 2 de decembro e ata o martes 17 , podedes pasar polo local da Anpa para abonar as cuotas das actividades tanto de Deporte no Centro coma de POE.

Recordarvos que o horario do Anpa é os luns de 9:00 a 9:30, e tanto os martes coma os venres de 16:00 a 18:00. Coma sempre tendes tamén a vosa disposición tanto o correo da Anpa, anpafaro@hotmail.com , coma o teléfono 698167733, para calqueira tipo de dúbida que teñades ou aclaración que precisedes.

Reunión Informativa POE

1 Dec

Boas, o vindeiro mércores 11 de decembro as 18:00 no local da Anpa , terá lugar unha reunión informativa por parte dos monitores da actividade de POE con todos aqueles pais e nais que teñan os seus fillos nista actividade. O obxetivo da reunión é ,por unha parte a presentación dos monitores da actividade, e por outra unha explicación do programa da actividade e as actividades a desenrolar, así como aclarar calquiera tipo de dubida.
Web educativa do Concello da Coruña

Durmindo Cos Tiburóns

1 Dec

O acuario  celebra o Nadal con unha nova edición da actividade infantil “Durmindo cos tiburóns”, organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, en colaboración cos Museos de Ciencia da Coruña. Nesta actividade os nenos poderán durmor na sala Nautilus do Acuario, rodeados de peixes , ademáis de realizar diferentes talleres.

O prazo de inscripción comeza mañán luns 2 de decembro dende as 08:30 , no teléfono 981189842, e as prazas dispoñibles se darán por riguroso orden de chamada. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 11 anos , e terá lugar dende as 20:00 as 11:00 do día seguinte en istas datas: 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2013 2, 3 e 4 de xaneiro de 2014. Os grupos serán de 20 nen@s , e o prezo da actividade é de 50 euros.

Toda a información da actividade, así coma o programa completo, no enlace http://es.mc2coruna.org/2013/11/durmiendo-con-tiburones.html