Actividades Fin de Semana 22/02 e 23/02

Boas tardes, despoís de unhas longas e proveitosas vacacións, aquí voltamos coas actividades pra iste fin de semana;

Sábado día 22

Clásicos Para Soñar;  Conto sorpresa e construcción de marionetas.De 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Iste sábado contacontos sorpresa, e despois manualidades. Entrada Gratuita.

Taller de Elaboración de Clips e  Xogos con paracaidas, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00.  Actividade gratuita.

Concerto en Familia:A Bela durminte. O Centro Coreográfico Galego e a Orquestra Sinfónica de Galicia presentan un ballet en dous actos con música de Tchaikovski a historia da princesa Aurora, o clásico conto infantil escrito polo francés Charles Perrault. A representación terá lugar no Palacio da Ópera as 18:00, e terá un prezo de 5 euros ( 2 €pros menores de 18 anos ) .

 

Teatro Infantil “La verdadera historia de los tres cerditos y el lobo feroz”.Espectáculo de actores e obxetos que narra a verdadeira historia dos tres cerdiños… mellor dito, dos dous cerdiños e a sua irmá, una cerdiña moderna, intelixente e loitadora. Unha visión actual que defende dous principios fundamentais: a igualdade e  a solidaridade. A representación terá lugar as 18:00, e está dirixida a nenos de entre 3 e ata 9 anos e as suas familias. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala Teatro del Andamio , C/ Alcalde Suárez Ferrín 10,  A Coruña (Sobre la Plaza Elíptica). Tamén haberá funcións o domingo 23 as 12:30 e as 18:00.

 

No Auditorio do Forum Metropolitano, a compañía Elefante Elegante representará a obra Aurora . É un espectáculo musical que mestura teatro de actor e videocreación co desexo de profundar a experimentación de Elefante Elegante sobre linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso. A obra terá lugar as 19:00, e terá unha duración aproximada de 50 minutos.O prezo das entradas: 6 € (abono 3 familiar, 15 €).

 

No Centro Ágora Talleres de cociña para os mais pequenos, e catas con maridaxes para adultos. Espazos lúdicos e participativos nos que os nenos elaboran pratos e petiscos fríos, doces, en base a produtos sans e convenientemente seleccionados. Cociñar, aprender, divertirse e degustar. O horario dos talleres é: Talleres para nenos: 10.30, 12.30, 17.00 e 19.00 h.Talleres para adultos: 12.00. 17.00 e 19.00 h. O Prezo é de 10 euros/participante e a venda de entradas será o mesmo día no Ágora.

Toda a información no seguinte enlace: http://www.coruna.es/servlet/Satellite?c=Page&cid=1300351791176&pagename=Agora%2FPage%2FGenerico-Page-Generica


Domingo 23:

Concurso de Comparsas do Entroido 2014. Pra ir preparando o Entroido, no Ágora celebrarase a Gala final de selección do Concurso de música e letra, coas 6 comparsas coruñesas  finalistas. A gala comenza as 18:00.Entrada gratuíta con invitación. As invitacións pódense retirar no despacho de entradas da Pza. de Ourense, a partir do xoves 20 de febreiro pola tarde (Horario de despacho de entradas: de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h).

 

Marineda Chefs Kids, crea e decora deliciosas pastas de Entroido . Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.

chef-kids-cooking-tools

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

3 opiniones sobre “Actividades Fin de Semana 22/02 e 23/02”

  1. Boas!!Sí, foron unhas boas vacacións,jejeje. As gracias a vós por seguir o blog, e ver que isto sirve de algunha axuda. Un saudo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: