Actividades Entroido do 01/03 e ata 04/03

28 Feb

Boas noites,  aquí tendes algunhas suxerencias de actividades pra iste longo fin de semana;

Sábado día 01

Taller de Elaboración de Máscaras Venecianas, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00.  Actividade gratuita. Tamén nos Rosales, de 18:00 a 19:00 e tamén con entrada gratuita, terá lugar o Espectáculo Infantil do Payaso Popín.

https://i2.wp.com/quehacerenvigo.es/wp-content/uploads/2013/03/popin.jpg

Desfile de Entroido, dende as 17:30  con saida en Avda. Alférez Provisional e chegada aPraza de Mª Pita. Inclúe un concurso de carrozas e outro de comparsas, tanto vestiario coma coreografía. Xa na Praza de María Pita de 21.00 -22.30 h. verbena popular coa Orquestra Cinema e sesión de fogos artificiais.

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2013/02/10/0012_201302H10C2F1jpg/Foto/H10C2F1.jpg&w=465px

Domingo 02:

Música Animada,no MACUF. Concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados. De 12:00 a 13:00 ; con  entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 02,  A Ritmo de Jazz; O  grupo Dorna Jazz Quartet Music interpretará unha selección das cancións infantiles máis populares de todolos tempos a ritmo de jazz.

https://i1.wp.com/lamariola.es/wp-content/uploads/2012/10/conciertos-macuf_musica-animada-e1350480980969.jpg

 

Actividades infantís e festa de disfraces nos Xardíns de Méndez Núñez, de 12.00 – 14.00 h. e de 17.30 – 20.30 h. Actividades e talleres organizadas polo Concello entre as que figuran: Taller de música e percusión ,Taller de máscaras e antefaces ,Taller de disfraces ,Taller de automaquillaxe , Xogos variados e Inchable. A partir das 19:30, Gran festa de disfraces con animación en directo, concursos e … moitas sorpresas.

Taller de Elaboración de Paxaritas de Entroido e Taller de Maquillaxe, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00.  Actividade gratuita.

Baile de Disfraces, con bailes, xogos e disfraces, no espacio Marineda Kids da segunda pranta do C.C. Marineda City, dende as 16.30 a 19.30h e con entrada libre.

Luns 03:

Actividades infantís e festa de disfraces nos Xardíns de Méndez Núñez, de 12.00 – 14.00 h. e de 17.30 – 20.30 h. Actividades e talleres organizadas polo Concello entre as que figuran: Taller de música e percusión ,Taller de máscaras e antefaces ,Taller de disfraces ,Taller de automaquillaxe , Xogos variados e Inchable. A partir das 19:30, Gran festa de disfraces con animación en directo, concursos e … moitas sorpresas.

http://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2012/02/21/0012_201202H21C2F1/Foto/H21C2F1.jpg&w=300px

Festa de Antroido e Concurso Infantil de Disfraces, no C.C.Os Rosales, dende as 17:00.  Actividade gratuita. É necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118 ou no correo electrónico: administración@cclosrosales.com.

Martes 04:

Edición Especial Entroido do programa Hoy por hoy A Coruña (Radio Coruña – Cadena Ser) de 12:20 a 14:00 h dende A Praza de España.

Tamen na Praza de España, realizaránse as seguintes actividades :11.00 – 20.00 h (sen interrupción), Filloada popular. Exhibición e degustación de “filloas á pedra da Baña”..As 12:30 h ofrendas florais a Nito, Canzobre, César Sanjosé e Palau. E Actividades infantís, de 12:00 a 14:00h. Xá pola tarde as 17:30h, Concurso infantil, tanto de disfraxes en xeral coma de choqueiros. Inscricións de 16.30 a 17.30 h na oficina instalada detrás do escenario.

Concerto dos McKuin, as 19:00h ( e tamén as 21:00h) na Rúa da Torre, onde tamén se celebrará as 20.00 h. Festa Choqueira/Concurso de choqueiros Memorial César Sanjosé. Inscricións de 19.00 a 20.00 h na Escola Municipal de Música (r/ Torre, 67)

https://i2.wp.com/ocio.laopinioncoruna.es/img_contenido/noticias/2012/02/56526/2012_02_20_IMG_2012_02_20_183A023A57_choqueiros2.jpg

 

Festa de Entroido,  con baile e espectáculo pra toda a familia. Espacio Marineda Kids da planta baixa do C.C. Marineda City , de 17.30 a 20.30h.

Que disfrutedes destes días de festas, e como cantaron hoxe os máis pequenos do noso cole: a comer orellas e máis filloas pra encher a barrigola. Un saudo!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: