Actividades Fin de Semana 08/03 e 09/03

7 Mar

Boas noites, despoís de tanta cicloxénesis o mellor de iste fin semana será poder sair por fin a tomar un pouco o sol; coma alternativa tamén tendes as seguintes actividades :

Sábado día 08

Taller cocina de conto: macedonia de frutas. E ademáis do taller de cocina , tamén haberá contacontos: A ovellina que veu a cear. De 12:30 a 13:30 no  Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

http://kindergartenreads.files.wordpress.com/2012/05/thelambwhocametodinnerint1.jpg

Taller didáctico en Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00.  Actividade gratuita.Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.

Teatro Infantil “5 Historias para unha man”.Espectáculo da compañia Mircromina Teatro cheo de poesía e sen palabras, capaz de conectar tanto con nenos como cos maiores. Varios personaxes e as suas inquedanzas. “A pingueira”, “Historia con frores”, “O soño”, “O impo” e como fío conductor “as mans” que certamente son a ialma dos títeres . Obra dirixida a nenos de 4 a 9 anos. O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala Teatro del Andamio , C/ Alcalde Suárez Ferrín 10,  A Coruña (Sobre la Plaza Elíptica) as 18:00. Tamén haberá funcións o domingo 23 as 12:30 e as 18:00.

https://i1.wp.com/www.teatrodelandamio.com/uploadedFiles/TANDA.dje7s/fileManager/5historias2.jpg

Domingo 09

O Mago de Oz. A historia é a de sempre, pero contada como nunca , aínda que nesta versión nada é o que parece. Humor, aventuras, maxia, sorpresas e música, cun amplo repertorio de cancións, entre elas a versión do soado “Detrás do arcoiris”, ademáis dun  importante traballo de maquillaxe e caracterización. O musical  representarase no Teatro Colón as 18:00, e terá un prezo de 14 euros.

http://objetivotorrevieja.files.wordpress.com/2013/01/03-01-12-musical-el-mago-de-oz-383.jpg?w=468&h=264

Peque Experimentos. O increíble mundo da ciencia e a tecnoloxía . Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.

Que pasedes un soleado e tranquilo fin de semana!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: