Actividades Fin de Semana 29/03 e 30/03

28 Mar

Boas noites, aquí tendes algunhas actividades para iste ,en principio chuvioso, fin de semana  :

Sábado día 29

Taller de Construcción de Avións: e ademáis do taller, tamén haberá un contacontos :Os tres cerdiños voadores.De 12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

https://i2.wp.com/ecx.images-amazon.com/images/I/510czVbQuSL._SL500_AA300_.jpg

 

 

 

Teatro Infantil “Monstruos en la Maleta” da compañía La Tartana. Unha historia de casualidades e supervivencia, onde os conflictos poñen en perigo a convivencia, sendo ista a única saida do aillamento. Dirixida a nenos de 3 a 9 anos.O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala Teatro del Andamio , C/ Alcalde Suárez Ferrín 10,  A Coruña (Sobre la Plaza Elíptica) as 18:00. Tamén haberá funcións o domingo 23 as 12:30 e as 18:00.

https://i1.wp.com/latartanateatro.com/wp-content/uploads/Monstruos-en-la-maleta_4382.jpg

 

Teatro Infantil “Xan Perillán compra queixo  come pan”. Xan Perillán  vai a mercar ó Híper mega súper mercado “o Rato Colorado”… Mais o trasno do consumo irresponsable persígueo da aquí para acolá… ¿Mercara ben ou se deixara engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo? Cun pouco de maxia e a axuda do seu leal e sensato loriño Ravachol conseguirá facer unha compra responsable, sostible e ecolóxica, mercando só o necesario, reducindo, re -utilizando, reciclando, e reflexionando. Aprendendo a importancia das  etiquetas. Dirixida a nenos de 3 a 12 anos,terá unha duración de 45 minutos e comenzará as 18:30 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña. Despois da representacion realizarase un curso de maxia gratuito para os asistentes a representación cunha duración do cursiño de unha hora.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/03/f93c4-xanperillancomepan.jpg

 

Teatro Infantil “El ladrón de bibliotecas”.Hai ladróns de bancos… de bicos… e de bibliotecas… actúan sixilosamente, pero sempre, por unha boa causa… .A obra a representa a Compañía O Titiribaile . Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i1.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1394026782127_365_300_A_fb8f379eda63b867ba51e7cb0cac27c.jpg

 

 

Domingo 23

 

Música Animada, no Macuf. Concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados. De 12:00 a 13:00 ; É de entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 30, Música a la Carta. Iste concerto o realizarán o Cuarteto Rubato: Séntense e proben o “menú” que ten preparado o Cuarteto Rubato! ¡Un concerto pra chuparse os dedos!

https://i2.wp.com/www.mac.gasnaturalfenosa.com/servlet/ficheros/1297138621784/05_imagen_referencia_musica_animada_2013.jpg

“Marineda Baila”. As profes da Escola de Baile Marineda  enseñaranche  a levar o ritmo cunhas coreografías fantásticas.Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/03/3c570-canstock5616091.png

 

 

 

Que pasedes un moi bo fin de semana!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: