Arquivo | Abril, 2014

Actividades Fin de Semana 26/04 e 27/04

25 Abr

Boas noites, aquí tendes algunhas actividades para iste  fin de semana  :

Sábado día 26

Taller de Gofres .De 12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

Taller de creación de bonecos de esponxa , no C.C.  Os Rosales , de 18:00 a 20:00.  Actividade gratuita.Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118. E despoís, Contacontos de Primaveira.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/04/4e761-p1030423.jpg

 

 

Teatro Infantil “O Sapo Encantado” da compañía Títeres Tres Globos. Leticia todo noticia, cóntanos como o Príncipe Croberto, convertido en sapo pola meiga Maleira, busca desesperadamente unha princesa que lle dea un bico de amor para desfacer o meigallo. Dirixida a nenos de 4 a 9 anos e as súas familias.O prezo é de 5 euros e terá lugar na sala Teatro del Andamio , C/ Alcalde Suárez Ferrín 10,  A Coruña (Sobre la Plaza Elíptica) as 19:00. Tamén haberá funcións o domingo 23 as 12:30 e as 19:00.

https://i2.wp.com/photos1.blogger.com/x/blogger/4352/1939/1600/474890/O%20sapo%20encantado%202.jpg

 

 

Teatro Infantil “Contos do lobo” da compañia Ghazafelhos. Un Conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose.Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos… pero ao fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias… ala!! E os contos? -Que nos axude o público…Dirixida a nenos de 3 a 10anos e as suas familias.Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://i0.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1398241060180_580_1000_A_c3841db348bc82f2afcbb8dc6b77b.jpg

 

Domingo 27

Música Animada, no Macuf. Concertos de música didácticos pra toda a familia.  Achegamento da música os máis pequenos por medio de diferentes estilos de música, con humor, personaxes sorpresa ,marionetas e debuxos animados. De 12:00 a 13:00 ; É de entrada libre , e con aforo limitado. Iste domingo 27, Pinocho. As peripecias do neno de madeira máis famoso da literatura, por medio dos titeres da compañía Naip e a música de Tactum Ensemble.

https://i0.wp.com/www.therecordingconsort.es/blog/wp-content/uploads/2013/03/p1050573.jpg

 

 

“Marineda Cuenta: Animaliños”. Contos tradicionais de Venezuela, de Kenya, de Rusia, ….Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.

https://i2.wp.com/quehacerensantiago.com/sites/default/files/que_hacer_en_santiago_animalinos.jpgQue pasedes un moi bó fin de semana!!

Advertisements