Arquivo | Maio, 2014

Cambio da Xornada de Portas Abertas de Ballet

23 Mai

Boas noites,  finalmente a xornada de portas abertas pra actividade de Ballet pasa do mércores día 28 o luns día 26.

Actividades Fin de Semana 27/05 e 25/05

23 Mai

Boas noites, aquí tendes algunhas alternativas de ocio pra iste frío e chuvioso fin de semana:

Sábado día 24

No Centro Ágora, Concerto da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG).A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG) presenta nesta ocasión un programa moi variado que abarca músicas de períodos e compositores moi diversos: W.A. Mozart, H.Burgoyne, A. Vivaldi, E. Grieg e o brasileiro E. Aguiar. Comezará o GRUPO DOS MÁIS PEQUENOS que presentará un par de obras de Mozart e  H. Burgoyne . Despois tocaralle a quenda ao GRUPO DE MAIORES que comezará a súa intervención cunha sinfonía Vivaldi, viaxaremos ao norte con dúas pezas do compositor noruegués E. Grieg e saltaremos o charco para gozar dunha suite do composior brasileiro E. Aguiar que nos fará lembrar os ritmos do continente americano.
A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG), formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo.
O concerto comenzará as 12:00 e con entrada libre ata completar aforo.
https://i0.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1398240822176_640_480_A_9344a0741e85c06f78cff12c616b812.jpg
Especial Universo Kalandraka. Contacontos O globo vermello e tamén Gran festa da Globoflexia. Dende as  12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.
https://i0.wp.com/www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/un-globo-vermello-G_01.jpg
Taller de Elaboración do Xogo de Tres en Raia, no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita.
https://i1.wp.com/www.ibizafamilycompany.es/web/media/k2/items/cache/a63cd9e38964634741a5a3fe89055308_XL.jpg

 

Looking For A Clue. Teatro para familias con Heen Doron Learning English.Un detective segue a pista dun turbio asunto que lle fará viaxar a diferentes países. Acompañarémolo para descubrir a trama e outras moitas cousas do seu periplo: gastronomía, costumes, edificios…Ao final do conto os nenos participarán en xogos inspirados na narración. A obra comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i0.wp.com/latuerka27.com/files/2014/04/cartel-LOOKING-FOR-A-CLUE-WEB.jpg

 

Teatro Infantil Contos no Ar. Obra que  achéganos ata o fabuloso Mundo das Ideas onde está o País dos contos. Peter Hamelin Merlín, tamén coñecido por “TI”, viaxa ata alí onde se atopa con contos alegres e tristes, grandes e pequenos, divertidos e terroríficos. El atrápaos con grandes palabras e méteos en gaiolas para poder entregarllos aos nenos. Os cativos son quen de abrir esas gaiolas e liberar aos contos que sairán voando. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/91a0a-cartazocontosdoar.jpg

Domingo día 25

No Centro Ágora, SON FUTURAS PROMESAS oboe e piano. Terceiro concerto do ciclo SON FUTURO organizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, protagonizados por mozos músicos da ONSG e da OJSG. Nista actuación, Iria Folgado oboe e Luka Hauser piano.  Con pezas de Chopin, Rachmaninov , Prokofiev e Schumann. O concerto comenzará as 12:30 e con entrada libre ata completar aforo.

https://i0.wp.com/ocio.laopinioncoruna.es/img_contenido/agenda/2014/05/149668/120162719__275x250.jpg

 

Marineda Cuenta… Contos no Ar.  Unha historia do cazador de contos Peter Hamelin Merlín para nenos e maiores. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.https://i2.wp.com/www.planocio.com/uploads/4890-galiciamovese110203_135632_576_603.jpg

Canta Contos para bebés .Contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, a cargo do músico e cantante coruñes, Pablo Díaz. Espectáculo específico pra bebés de 6 meses a 3 anos. Comenzará as 19:00 e terá unha duración aproximada de 35 minutos.  Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://i2.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399607687457_580_1000_A_2c18c117b3673622088e7105f7ab668.jpg

 

 

 

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Encontros de Patinaxe

19 Mai

Boas tardes, mañan martes día 20 terá lugar no CEIP Wenceslao Fernández Flórez un encontro de patinaxe onde os nenos de varios centros da cidade mostrarán todo o que aprenderon a compañeiros de outros colexios.  Sairá as 16:00 un autobús do cole para levar os nenos, que voltarán tamén en autobús, as 18:00.

Os pequenos deberán levar roupa deportiva, e un paraguas. Os mayores levarán pantalón/mallas/leguins negros, camiseta floxa blanca e cinturón ancho onde poderan levarla espada colocada , así coma pañuelo ou pañueleta do color que queiran.

O martes día 27 de maio celebrarase , coma todolos anos, a Clausura das Actividades de Patinaxe do programa Deporte no Centro.
Nista exhibición,  os nenos poderán mostrar as suas familias e o resto dos participantes dos outros colexios todo o aprendido o longo diste curso.
Dito encontro realizarase no Palacio de Deportes de Riazor.
O horario ( aproximado) é o seguinte:
Saída dos centros as 16:00 e regreso as 19:00.
O acceso a  instalación para os espectadores comenzará  a partires das 16:15 h.
Un saudo!!

Actividades Fin de Semana 17/05 e 18/05

16 Mai

Boas tardes, pra disfrutar de iste soleado fin de semana, ademáis de praia hai unha morea de actividades onde escoller :

Sábado día 17

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, celébrase nos Xardíns de Mendez Núñez  “A Festa das Letras Galegas 2014”, dirixida a público familiar. A festa consistirá nunha sesión de xogos na ludoteca xiramundos “A Casa dos Xogos”, ás 17.30 horas, e nun  concerto “A nena e o grilo nun barquiño”, de Magín Blanco, ás 19.00 horas.  Ambas actividades con entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.

 

No Centro Ágora e por mor do décimo aniversario da Asociación Cultural Donaire organízanse varias actividades, unha delas é o Festival Infantil “O berce de Donaire”. Unha idea que nace pola inquietude de que os nenos e nenas tamén teñan o seu espazo para mostrar todo o que aprenden na asociación, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano, e merecen ter tamén o seu protagonismo. Nas catro edicións anteriores chegaron grupos de gran parte da xeografía galega e neste ano 2014, na quinta edición, acompañarán a numerosa escola da A.C. Donaire dúas asociacións da provincia: a A.C. Faragulla de Teixeiro (Curtis) e a A.C. Vai de Roda de Rianxo que farán unha festa do folclore neste “Día das Letras Galegas”. O festival comenza as 17:30, e o prezo da entrada é de 3 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2,00 €) .

 

Títeres “Caraporquiña Vermella”.Espectaculo de titeres bocones celebrando así cos mais pequenos os dias das letras galegas:Empezamos mal, o lobo está maliño e non pode vir traballar ó teatro, para sustituilo, chama ó seu amigo o raposo para decirlle que ten que ir o cruce dos camiños e facer que… Dirixida a nenos de 4 a 12 anos e as suas familias. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña. Tamén se representará o domingo día 18 de maio,no mesmo horario.

https://i1.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399606837505_580_1000_A_3de399e86dc3ca7b7984a6ee9f7a9b19.jpg

 

Poesía Viva. Recital poético feito polos espectadoes tuerkeros pra festexar a festa das Letras Galega. Ese día os protagonistas sodes vós: os nenos e xóvenes do público. Por un día podedes sair a escena. A excusa, recitar poesía en galego para festexar o día das Letras galegas. A motivación, o amor pola lectura e polo teatro. Dirixido a público infantil e xuvenil .Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

 

Taller de Arcilla . Crea e deseña figuriñas de arcilla de cores dos teus personajes favoritos. Espacio Marineda Kids de planta 2 de 16.30 a 19.30h . Entrada libre.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/11763-taller2520creativo25205_2520arcilla.jpg

 

 

Domingo día 18

Taller Didáctico de Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.

Cine, proxección da película “La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol” , de Alex Colls .As 18:00 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

https://i1.wp.com/www.malagaldia.es/wp-content/uploads/la-tropa-de-trapo.jpg

Marineda Chefs Kids. Barquiños de leituga, saquitos de atún e biscoitos de limón. Taller de cociña pra niñ@s a partir de 6 anos. Dende as 12:00 , actividade gratuita, sendo necesaria a previa inscripción nos puntos de información de Marineda City ou no teléfono 881888888.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/b56c8-curso_cocina_solidaria.jpg

 

Teatro “Clinc!”.  Esta é  unha montaxe creada e dirixida por Pep Bou.  Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de forma pesimista; cando deciden contemplar a beleza da súa contorna e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada. Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza do que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas. A representación comenzará as 18:00 e terá un prezo de 8 euros.

https://i0.wp.com/www.familyandbonus.com/img/p/218-1141-large.jpg

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Consello Escolar Febreiro 2014

6 Mai

Boas tardes; aquí publicamos o resumo dos acordos tomados no Consello Escolar do noso colexio, celebrado en febreiro de iste 2014.

 

Resumo Consello Escolar Febreiro 2014

 

Un saudo.

 

https://i0.wp.com/www.edu.xunta.es/centros/ceipvictorseoane/system/files/escudo_web.jpg

 

Convocatoria Reunión da Anpa cos Pais e Nais

6 Mai

Boas tardes, iste  xoves, día 8 de maio as 15:45 horas en primeira convocatoria e a as 16:15 horas en segunda convocatoria,  realizarase na aula de usos múltiples ,  a reunión da ANPA cos país e nais dos alumnos,  co seguinte orden do día:
• Comedor da Xunta.
• Cuota anual.
• Mostra actividades culturais no Forum.
• Actividades extraescolares do próximo curso.
• Exhibición actividades.
• Orla 6ª EP e foto grupo 3ºEI.
• Festas próximo curso.
• Bancos uniformes, libros, ropa deportiva e das actividades extraescolares.
• Rogos e preguntas.

Agardamos a vosa asistencia e participación.

Un saudo!!

https://1.gravatar.com/avatar/a8b0f30b93a8541e290865c1aebc91fa?s=128&d=mm&r=G

Circular reunión Anpa maio 2014

Mostra de Actividades: Judo e Ballet

6 Mai

Boas tardes, con motivo da celebración da Mostra de Actividades, as clases de judo do vindeiro martes día 13 de maio e de ballet o vindeiro mércores día 14 de maio, suspéndense.

Os alumnos de judo deberán estar as 17:30 do martes 13 no Forum, e as alumnas de ballet ( tanto de Infantil coma de Primaria ) as 18:30, tamén no Forum o mércores día 14.

Un saudo.