Actividades Fin de Semana 17/05 e 18/05

Boas tardes, pra disfrutar de iste soleado fin de semana, ademáis de praia hai unha morea de actividades onde escoller :

Sábado día 17

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, celébrase nos Xardíns de Mendez Núñez  “A Festa das Letras Galegas 2014”, dirixida a público familiar. A festa consistirá nunha sesión de xogos na ludoteca xiramundos “A Casa dos Xogos”, ás 17.30 horas, e nun  concerto “A nena e o grilo nun barquiño”, de Magín Blanco, ás 19.00 horas.  Ambas actividades con entrada libre e sen necesidade de inscrición previa.

 

No Centro Ágora e por mor do décimo aniversario da Asociación Cultural Donaire organízanse varias actividades, unha delas é o Festival Infantil “O berce de Donaire”. Unha idea que nace pola inquietude de que os nenos e nenas tamén teñan o seu espazo para mostrar todo o que aprenden na asociación, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano, e merecen ter tamén o seu protagonismo. Nas catro edicións anteriores chegaron grupos de gran parte da xeografía galega e neste ano 2014, na quinta edición, acompañarán a numerosa escola da A.C. Donaire dúas asociacións da provincia: a A.C. Faragulla de Teixeiro (Curtis) e a A.C. Vai de Roda de Rianxo que farán unha festa do folclore neste “Día das Letras Galegas”. O festival comenza as 17:30, e o prezo da entrada é de 3 euros (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2,00 €) .

 

Títeres “Caraporquiña Vermella”.Espectaculo de titeres bocones celebrando así cos mais pequenos os dias das letras galegas:Empezamos mal, o lobo está maliño e non pode vir traballar ó teatro, para sustituilo, chama ó seu amigo o raposo para decirlle que ten que ir o cruce dos camiños e facer que… Dirixida a nenos de 4 a 12 anos e as suas familias. Comenzará as 19:00 e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña. Tamén se representará o domingo día 18 de maio,no mesmo horario.

https://i0.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399606837505_580_1000_A_3de399e86dc3ca7b7984a6ee9f7a9b19.jpg

 

Poesía Viva. Recital poético feito polos espectadoes tuerkeros pra festexar a festa das Letras Galega. Ese día os protagonistas sodes vós: os nenos e xóvenes do público. Por un día podedes sair a escena. A excusa, recitar poesía en galego para festexar o día das Letras galegas. A motivación, o amor pola lectura e polo teatro. Dirixido a público infantil e xuvenil .Comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros.Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

 

Taller de Arcilla . Crea e deseña figuriñas de arcilla de cores dos teus personajes favoritos. Espacio Marineda Kids de planta 2 de 16.30 a 19.30h . Entrada libre.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/11763-taller2520creativo25205_2520arcilla.jpg

 

 

Domingo día 18

Taller Didáctico de Inglés, no C.C.Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Necesaria a inscripción previa no teléfono 981128118.

Cine, proxección da película “La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol” , de Alex Colls .As 18:00 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.

https://i0.wp.com/www.malagaldia.es/wp-content/uploads/la-tropa-de-trapo.jpg

Marineda Chefs Kids. Barquiños de leituga, saquitos de atún e biscoitos de limón. Taller de cociña pra niñ@s a partir de 6 anos. Dende as 12:00 , actividade gratuita, sendo necesaria a previa inscripción nos puntos de información de Marineda City ou no teléfono 881888888.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/b56c8-curso_cocina_solidaria.jpg

 

Teatro “Clinc!”.  Esta é  unha montaxe creada e dirixida por Pep Bou.  Clinc! simboliza o cambio de actitude que teñen as persoas cando deixan de ver a vida de forma pesimista; cando deciden contemplar a beleza da súa contorna e comezar a cooperar en lugar de vivir de forma illada. Este cambio de actitude asúmese mediante a manipulación dos elementos cotiáns da realidade: o uso da auga, o xabón, os tubos, círculos, máquinas de vapor de fume, etc… Os protagonistas de Clinc! conseguirán contemplar a beleza do que nos rodea, ser conscientes da súa capacidade para transformar a realidade e dos beneficios da colaboración con outras persoas. A representación comenzará as 18:00 e terá un prezo de 8 euros.

https://i0.wp.com/www.familyandbonus.com/img/p/218-1141-large.jpg

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: