Actividades Fin de Semana 27/05 e 25/05

Boas noites, aquí tendes algunhas alternativas de ocio pra iste frío e chuvioso fin de semana:

Sábado día 24

No Centro Ágora, Concerto da Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG).A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG) presenta nesta ocasión un programa moi variado que abarca músicas de períodos e compositores moi diversos: W.A. Mozart, H.Burgoyne, A. Vivaldi, E. Grieg e o brasileiro E. Aguiar. Comezará o GRUPO DOS MÁIS PEQUENOS que presentará un par de obras de Mozart e  H. Burgoyne . Despois tocaralle a quenda ao GRUPO DE MAIORES que comezará a súa intervención cunha sinfonía Vivaldi, viaxaremos ao norte con dúas pezas do compositor noruegués E. Grieg e saltaremos o charco para gozar dunha suite do composior brasileiro E. Aguiar que nos fará lembrar os ritmos do continente americano.
A Orquestra de Nenos da Sinfónica de Galicia (ONSG), formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo.
O concerto comenzará as 12:00 e con entrada libre ata completar aforo.
https://i0.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1398240822176_640_480_A_9344a0741e85c06f78cff12c616b812.jpg
Especial Universo Kalandraka. Contacontos O globo vermello e tamén Gran festa da Globoflexia. Dende as  12:30 a 13:30 no Club Fnac Junior de A Coruña. Entrada Gratuita.
https://i0.wp.com/www.kalandraka.com/fileadmin/images/books/covers/un-globo-vermello-G_01.jpg
Taller de Elaboración do Xogo de Tres en Raia, no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita.
https://i0.wp.com/www.ibizafamilycompany.es/web/media/k2/items/cache/a63cd9e38964634741a5a3fe89055308_XL.jpg

 

Looking For A Clue. Teatro para familias con Heen Doron Learning English.Un detective segue a pista dun turbio asunto que lle fará viaxar a diferentes países. Acompañarémolo para descubrir a trama e outras moitas cousas do seu periplo: gastronomía, costumes, edificios…Ao final do conto os nenos participarán en xogos inspirados na narración. A obra comenzará as 18:30,e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala La Tuerka 27,  situada na rua Doctor Fleming, nº 27.15005. A Coruña.

https://i0.wp.com/latuerka27.com/files/2014/04/cartel-LOOKING-FOR-A-CLUE-WEB.jpg

 

Teatro Infantil Contos no Ar. Obra que  achéganos ata o fabuloso Mundo das Ideas onde está o País dos contos. Peter Hamelin Merlín, tamén coñecido por “TI”, viaxa ata alí onde se atopa con contos alegres e tristes, grandes e pequenos, divertidos e terroríficos. El atrápaos con grandes palabras e méteos en gaiolas para poder entregarllos aos nenos. Os cativos son quen de abrir esas gaiolas e liberar aos contos que sairán voando. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00 e o prezo é terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/05/91a0a-cartazocontosdoar.jpg

Domingo día 25

No Centro Ágora, SON FUTURAS PROMESAS oboe e piano. Terceiro concerto do ciclo SON FUTURO organizado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, protagonizados por mozos músicos da ONSG e da OJSG. Nista actuación, Iria Folgado oboe e Luka Hauser piano.  Con pezas de Chopin, Rachmaninov , Prokofiev e Schumann. O concerto comenzará as 12:30 e con entrada libre ata completar aforo.

https://i0.wp.com/ocio.laopinioncoruna.es/img_contenido/agenda/2014/05/149668/120162719__275x250.jpg

 

Marineda Cuenta… Contos no Ar.  Unha historia do cazador de contos Peter Hamelin Merlín para nenos e maiores. Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 16.30 a 19.30h e con entrada gratuita.https://i0.wp.com/www.planocio.com/uploads/4890-galiciamovese110203_135632_576_603.jpg

Canta Contos para bebés .Contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, a cargo do músico e cantante coruñes, Pablo Díaz. Espectáculo específico pra bebés de 6 meses a 3 anos. Comenzará as 19:00 e terá unha duración aproximada de 35 minutos.  Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

https://i0.wp.com/www.coruna.es/IMG/P_Suceso_1399607687457_580_1000_A_2c18c117b3673622088e7105f7ab668.jpg

 

 

 

Que pasedes un moi bó fin de semana!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: