Actividades Fin de Semana 04/10 e 05/10

3 Out

Boas tardes, aquí tendes algunhas actividades pra iste fin de semana que promete choiva:

 

Sábado día 04

 Pra comenzar o fin de semana da mellor forma posible, Chocolatada pop con churros , na praza de Azcárraga, de 10.00 a 13.00 . Degustación gratuita de chocolate con churros, sesión de contacontos e o concerto do grupo Los Mecánicos. Pola tarde, na Praza das Bárbaras as 17.00 horas, la maxia do Mago Pablo, e 18:00 a 20:30, tamén na Praza das Bárbaras,  actividades e talleres infantís: contacontos, talleres de instrumentos musicais, de postais , de bisutería, de 3 en raia, de decoración de ramas, de maquillaxe, globoflexia, tatuaxes con purpurina e calcomanías.
https://i1.wp.com/vivirnacoruna.es/wp-content/uploads/2014/10/chocoru%C3%B1a.jpg
 Taller didáctico de Inglés , no C.C. Os Rosales, de 18:00 a 20:00. Actividade gratuita. Ademáis de aprender a elaborar istes animales, os participantes aprenderán o valor de reutilizar materiais, así como a traballar a creatividade.
https://i2.wp.com/www.inglesparaninos.cl/wp-content/uploads/2010/04/aprender-original-modified.jpg

II Festival Internacional de Títeres  da Coruña extensión Galicreques . Despois do éxito conseguido na anterior fin de semana do Festival de Internacional Títeres da Coruña…Viktor Antonov (Rusia) co espectáculo: Circus on the Strings. Espectaculares números de circo. O punto de unión é un simpático pallaso que presenta cada número mesturando a destreza da manipulación co humor e a tenrura dos personaxes. Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00, cunha duración de 45 minutos e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

A obra de teatro ” El Gusanito que quería volar” , de Ángela Álvarez. (Baseado nun conto de Tomás Gaviro) .Gordito é un verme de seda. El aínda non sabe que algún día chegará a voar e iso é o que máis desexa. Dende a súa folla coñecerá a fermosa bolboreta que bebe nas flores, a simpática xoaniña Lola, que canta e baila flamenco, a sabia cigarra que está aprendendo a tocar a guitarra, o traballador escaravello peloteiro coa súa gran bóla de caca e as fachendosas eirugas e o seu eiruguiño.Con todos estes personaxes fará o camiño que o levará a conseguir o seu soño: VOAR. Obra pra nenos a partir dos 3 anos, e que se representará o sábado día 4 as 19:00 e o domingo día 5 as 12:30 e as 19:00 no Teatro del Andamio, na Rúa Alcalde Suárez Ferrón 10, baixo. 15011 A Coruña, e ten un prezo de 5 euros e unha duración de 45 minutos.

 

Domingo día 05

Festa Popular da Cascarilla e do Chocolate; as 11:00 na Praza de Azcárraga (e se chove en Square Espacio Cultural, tamén na Praza de Azcárraga nº 12), terá lugar a elaboración e degustación gratuita dunha gran tarta de chocolate, e pola tarde, na Praza das Bárbaras de 18:00 a 20:30, unha morea de actividades e talleres infantís: contacontos, talleres de instrumentos musicais, de bisutería, de 3 en raia, de decoración de ramas, de maquillaxe, globoflexia, tatuaxes con purpurina e calcomanías.

https://i1.wp.com/vivirnacoruna.es/wp-content/uploads/2014/10/chocoru%C3%B1a.jpg

 

“FESTA MISTERIOS ESCONDIDOS”.¡Descubre os misterios de Wilma y Daphne . Espacio Marineda Kids da segunda pranta , dende as 17.00 a 20.00h e con entrada gratuita.https://anpafaro.files.wordpress.com/2014/10/c6b28-scooby_doo2.jpg

 

 

II Festival Internacional de Títeres  da Coruña extensión Galicreques. Coa compañía Teatro La Estrella (Valencia) e a obra  “Los músicos de Bremen”. Un can cantante, unha gata bailarina, un burricán poeta e un galo rockeiro formarán a banda dos Músicos de Bremen. Un grupo de animais “diferentes” que loitarán por seguilo sendo. Pero non están a salvo dos porcos que andan soltos polo bosque…Obra dirixida a nenos a partir de 3 anos. Comenzará as 19:00, cunha duración de 60 minutos e o prezo é de 5 euros. Terá lugar na sala Gurugú,  situada na rua Agra do Orzán, nº3,  15010 A Coruña.

 

 

Que pasedes un bó fin de semana!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: