Solicitudes por parte da Anpa a Dirección do centro

Boas tardes, un dos temas que se trataron máis extensamente na reunión da Anpa cos pais e as nais que tivo lugar iste pasado luns , ten que ver con determinadas carencias que detectamos no centro, e que dada a importancia que consideramos que teñen , publicamos aquí , para que todas as persoas que non puideron acudir a reunión, poidan estar completamente informadas tanto das nosas peticións como dos motivos de ditas peticións.

    A Coruña 29 de Setembro de 2014

Estimada Dirección do CEIP Victor Lopez Seoane:

Diriximonos a vostedes dende a Xunta Directiva do Ampa Faro do CEIP Victor Lopez Seoane da Coruña para trasmitirlles a disconformidade como Asociación á que representamos, e como país e nais, ante o feito de que non se instale no Centro un ASCENSOR ou no seu defecto un ELEVADOR para dar o servizo adecuado aos nenos/as do centro que o demanden pero tamén a calquera membro do colexio que asi o precise sexa por calquer tipo de discapacidade ou motivo similar que impida acceder as aulas dos pisos superiores. A día de hoxe no centro hay dous nenos que se moven en silla de rodas e a un deles hai que subilo á aula no regazo, cousa que dende o punto de vista dos país e nais do centro é intolerable.

Asi mesmo reclamamos a adaptación URXENTE dun ASEO adecuado as persoas con discapacidade, sexa do tipo que sexa.

E por último e non por iso menos importante, recordar por enésima vez a falta de porta de SAIDA de EMERXENCIA no pabellón e a necesidade urxente de reparar os defectos que presentan as instalacións do mesmo.

Así mesmo facemos alusión á FALTA DE MANTEMENTO que ten o centro dende fai MOITO TEMPO, en xeral, tanto no interior coma no exterior xa que si entramos en detalles a lista sería interminable.

Ante as reiteradas solicitudes destes servizos sin resultado favorable, os país e nais do centro, na reunión mantida con data de hoxe, 29 de Setembro de 2014, reclaman por escrito estas necesidades imperiosas, manifestándose mediante as firmas adxuntas.

Queremos facerlle saber que como Asociación ímonos por en contacto cos organismos pertinentes para solicitar a mellor solución ante estes problemas e movilizaremos aos país para que manifesten o seu descontento ante ditos organismos cos medios que estén ó noso alcance e ata onde sexa necesario para o ben dos nosos alumnos/as.

Esperamos ter noticias ao respecto nos vindeiros días.

Atentamente

A Xunta Directiva

Adxuntamos tamén a circular que se enviou ista semana, cos horarios definitivos das actividades e o horario de atención presencial da Anpa.

Por último agradecer a tódalas persoas que iste pasado luns se achegaron a reunión e participaron de forma activa coas súas propostas e comentarios. Na vindeira semana publicaremos un resumen dos puntos tratados na reunión pra que todas aquela persoas interesadas e que non puideron acudir, poidan consultar o tratado na reunión.

Un saudo

Demandas Anpa

2º Circular curso 2014-15

Un comentario en “Solicitudes por parte da Anpa a Dirección do centro”

  1. Buenas tardes. Me gustaría saber si van a enviar una circular o colgar del blog los temas tratados en la reunión del pasado día 16. Gracias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: