CIRCULAR ORLAS ( 6ºPRIMARIA Y 3º INFANTIL ) Y OTROS TEMAS IMPORTANTES

Asociación de Nais e Pais do Alumnado

C.P. Victor López Seoane

Rúa Vía Ártabra, s/n

15002 A Coruña

https://anpafaro.wordpress.com

anpafaro@hotmail.com

Estimadas familias,

Informarvos dos seguintes puntos de interese para vós.

Orla de 6º de EP y foto de 3ºEI

 

O próximo xoves 23 de abril vanse facer as fotos para a orla dos nen@s que este ano rematan o colexio e a foto de grupo para os nenos que rematan a etapa infantil. O custo da orla é de 4€ para os socios e de 8€ para os non-socios e o custo da foto de infantil é de 2€ para os socios e de 6€ para os non-socios.

A maiores poderíades encargar, tamén una foto individual do voso fill@ sen custo para os socios e por 1€ para os non socios. Isto só no caso dos nen@s de 6º E.P.

Agradeceríamos que ese día trouxeran un polo branco para que todos sairan iguais, isto é só tamén para os de 6º E.P.

Só se farán as encargadas e as pagadas, se alguén no quere que o seu fill@ non apareza na orla ou na foto, facernolo saber deixando unha nota no buzón, mandándonos un correo electrónico (anpafaro@hotmail.com) ou chamando ó teléfono 698 16 77 33, antes do xoves.

Importante: o prazo máximo para reservar/encargar e pagar as fotos e o 22 de maio.

Comedor e madrugadores

 

Xa podedes pasar a recollelos impresos de renovación ou de alta nestes servicios para o curso 2015-2016. Recordando que é imprescindible ser socio do anpa e que a cota anual e por familia é de 23€ tal e como se acordou por mayoría absoluta na reunión do pasado 8 de maio do 2014.

Recordámosvos que aquelas familias que non pasaron a recoller os cheques do comedor do curso 2013-2014 aínda poden facelo ata o 29 de maio.

IMPORTANTÍSIMO a actual xunta directiva deixa de exercer como tal o vindeiro 19 de Xuño, rogamos que os seguintes que se queiran facer cargo do ANPA pasen polo local para poñelos ó día sobre os seguintes temas que xestionamos e que si desaparece o anpa deixan de funcionar: MADRUGADORES, COMEDOR, FESTAS E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

A Xunta Directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: