A Coruña, 29 de Setembro de 2015
Estimadas familias:
Unha vez cerrado o prazo de inscripción nas actividades extraescolares, temos que comunicarvos que actividades saen e cales non:
As que non fixeron grupo son as seguintes:
- Xogos nin de infantil nin de primaria
- Ballet/Ritmo nin de infantil nin de primaria
- Manualidades nin de infantil nin de primaria
- POE
- Inglés de 1º e 2º de primaria
- Inglés de 5º e 6º de primaria
OLLO: hai posibilidade de facer grupo de ritmo/ballet sempre e cando xuntemos E.I. e E.P. os luns e mércores de 16 a 17h e confirmen todas as alumnas preinscritas de calquer xeito, é dicir, por whatsapp, mail….senon confirman TODAS non haberá grupo e non se levará a cabo a actividade.
Con isto decirvos que os pais que teñen pagadas ditas actividades, poderán pasar a recoller a devolución dos cartos a semana do 5 ao 9 de outubro, entregando o resgardo do pago e no caso de POE, Xogos e Ballet/Ritmo tedes que traer tamén o resgardo da inscripción.
As que fixeron grupo son as seguintes:
- Teatro, como hai poucos nenos, agrúpanse infantil e primaria co cal o horario para ambos sería o mesmo, os LUNS e XOVES de 16 a 17h.
- Zumba de E.I. e E.P.
- Judo de E.I. e E.P.
- Patinaje de E.I. e E.P.
- Kárate, como hai poucos nenos, agrúpanse infantil e primaria co cal o horario para ambos sería o mesmo, os XOVES de 16 a 17h
- Inglés Infantil
- Inglés de 3º e 4º de primaria
Neste caso, os pais que teñan anotados aos nen@s nestas actividades e que estaban pendentes de facer grupo, como xa están feitos, deben pasar polo ANPA a pagar a cuota correspondente a semana do 28 de setembro ao 2 de outubro. Os apuntados a inglés que teñan pagada a cuota e a matrícula teñen que pasar a facer a ficha do nen@.
Atentamente
A Xunta Directiva