Arquivo | Decembro, 2015

Buzón do Anpa

14 Dec

Xa temos buzón novo, está colocado na mesma porta do anpa. Asegurarvos de que o sobre, carta… quede ben metido

11 Dec

 

 

 

A Coruña 9 de Decembro de 2015

Estimadas familias:

O vindeiro venres,  18 de Decembro,  non haberá actividades extraescolares porque teremos a festa de Nadal, que coma todos os anos farase no pavillón e o horario será de 16:30 a 19:30h, con hinchables, animación e sobre todo, o máis importante para os nen@s, a visita das nosas Maxestades “Os Reis Magos de Oriente”, non podedes faltar!!!

A entrada, coma todos os anos, será gratuita para os socios (presentando o carnet) e cun custo de 5€ para os non socios.

Por outro lado, recordarvos que xa están á venda os UNIFORMES: faldas, polos, camisetas, chandals, chaquetas e xerseis do cole, en “La Casita de Valeria” e no local da Anpa. Se queredes saber prezos podedes acceder ao blog da anpa e alí veredes o listado dos mesmos.

Así mesmo, é moi importante que teñades en conta  que os nenos que van a Ballet e a Patinaxe teñen que renovar este mes de Decembro (ata o 17-12-15) para que en Xaneiro, á volta de vacacións de Nadal, poidan seguir coas actividades en cuestión. Neste caso, renovarían xa de Xaneiro a Xuño, o semestre enteiro.

A Xunta Directiva

 

BO NADAL E FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!!!!!!!!