Arquivo | Abril, 2016

Reválidas de 3º e 6º_Información da PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

26 Abr

Aprezadas nais:
Aprezados pais:

Como ben sabedes, nestas próximas datas os centros de ensino van levar a cabo a organización das coñecidas como probas de reválida nos cursos de 3º e 6º de primaria. Coa finalidade de informarvos sobre as opcións que tedes de cara a non ter que someter a vosos fillos e fillas a este exame antipedagóxico, organizamos unha asemblea informativa na Coruña este próximo xoves 28 de abril ás 19h no local da AMPA do CEIP Ramón de la Sagra (zona de Elviña).Con este correo achegámosvos tamén un folleto informativo sobre a LOMCE e as reválidas onde  incluímos a data da convocatoria da que falamos.

Así mesmo, desde a PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO, da que a CIG-Ensino forma parte, poñémonos ao voso dispor de cara a progarmarmos charlas naqueles centros que esteades interesados. Poñédevos en contacto connosco a través deste mesmo medio e veremos de acordar unha data.

Un saúdo,

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

folleto_revalidas_2016_corunha

Advertisements

Comunicado da plataforma en defensa do ensino público de Galicia sobre as probas de avaliación (LOMCE) en primaria.

26 Abr
Mensaje anteriorMensaje siguienteVolver a los mensajes

COMUNICADO DA PLATAFORMA DA QUE FORMAN PARTE AS FEDERACIÓNS PROVINCIÁIS DE ANPAS DA CORUÑA, LUGO, OURENSE E PONTEVEDRA (CONFAPA-GALICIA)

16-04-19 Comunicado Plataforma Probas Avaliación

 

Orlas e fotos resto cursos

21 Abr

Boas tardes,

 

Hoxe fixéronsoe as fotos dos nenos. Ademáis da orla de 6ºEP e a foto grupal de 6ºEI, o resto dos cursos (4ºEI, 5ºEI, 1ºEP. 2ºEP, 3ºEP, 4ºEP e 5º EP) terán unha foto do grupo feita na clase. O prezo das fotos é o da circular, a do restos de cursos é 1€ para os socios e 3€ para os non-socios.

RECORDADE:  o pago das fotos faise no momento de encargalas e, só se farán copias doas dotos encargadas e pagadas previamente.

DATA LÍMITE PARA ENCARGALAS É O VENRRES 22 DE MAIO

Avaliacións de 6ºEP e 3ºEP

19 Abr

Bós días,

Esto é o que dí a páxina web da Consellería de Educación con respectos as probas que lles realizarán aos nenos e nenas de 3º e 6º de EP.

http://www.edu.xunta.es/portal/node/18728

 

CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA. COMUNICADO CONFAPA — Asociación de Nais e Pais Mar do Orzán

18 Abr

Compañeiras, compañeiros: A LOMCE segue implantada e debemos minimizar os seus efectos porque afectan a toda a… La entrada CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA. COMUNICADO CONFAPA aparece primero en Asociación de Nais e Pais Mar do Orzán.

via CAMPAÑA INFORMATIVA REVÁLIDA DE 6º PRIMARIA. COMUNICADO CONFAPA — Asociación de Nais e Pais Mar do Orzán

Orlas 6ºEP, obradoiro de cociña, exhibicions de actividades extraescolares…

13 Abr

Boas tardes,

Os achegamos a circular coa información das orlas de 6º de EP, a foto de grupo de 6º EI, a data do obradoiro de cociña, as datas das exhibicións das actividades extraescolares…

Bo fin de semana

Circular Orla, obradoiro de cociña, exhibicions actividades

Menú comedor abril-junio 2016

12 Abr

 

JARDANAY_3ER TRIMESTRE_Menu CEIP_VictorLopezSeoane