Reválidas de 3º e 6º_Información da PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

26 Abr

Aprezadas nais:
Aprezados pais:

Como ben sabedes, nestas próximas datas os centros de ensino van levar a cabo a organización das coñecidas como probas de reválida nos cursos de 3º e 6º de primaria. Coa finalidade de informarvos sobre as opcións que tedes de cara a non ter que someter a vosos fillos e fillas a este exame antipedagóxico, organizamos unha asemblea informativa na Coruña este próximo xoves 28 de abril ás 19h no local da AMPA do CEIP Ramón de la Sagra (zona de Elviña).Con este correo achegámosvos tamén un folleto informativo sobre a LOMCE e as reválidas onde  incluímos a data da convocatoria da que falamos.

Así mesmo, desde a PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO, da que a CIG-Ensino forma parte, poñémonos ao voso dispor de cara a progarmarmos charlas naqueles centros que esteades interesados. Poñédevos en contacto connosco a través deste mesmo medio e veremos de acordar unha data.

Un saúdo,

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

folleto_revalidas_2016_corunha

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: