Arquivo | Outubro, 2016

HORARIO ANPA

18 Out

Bos días, a partir da semana que ven, o horario da anpa será:

MARTES (tarde) de 16 a 17h

XOVES (mañán) de 9 a 9:30h

VENRES (mañán) de 9 a 9:30h

Gracias pola vosa colaboración e bos días a todos!!!!

Madrugadores e actividades

12 Out

Bos días, relacionado co tema da saída dos nenos de madrugadores ás filas, xa falamos ca dirección do centro, e nos comunicou que xa tomaron medidas ao respecto e está confirmado coa coordinardora de “Jardanay”, os nenos saen do comedor segundo vai entrando a súa fila ao cole, é dicir, si entra a fila de 1ºA, os nenos de ese curso que están en madrugadores, saen do comedor e se incorporan á súa fila e así tódolos cursos de primaria porque infantil xa non tiña este inconvinte.

Por outro lado, por orden da Consellería e todo relacionado coa responsabilidade sobre os nenos, non se pode estar no centro fora de horas lectivas e fora de horas de actividades extraescolares, é dicir, si as clases comezan ás 9 da mañá, xa o centro non abre as portas antes, non podemos acceder ao centro ata ás 8:50h de ahí en adiante. E o mesmo ocorre cos horarios das actividades extraescolares, se comezan ás 16h non podemos entrar no centro antes das 15:50h e o mesmo para as actividades das 17h. Isto é unha medida tomada pola consellería xa que a responsabilidade sobre os nenos é de 9 a 14h e de 16 a 18h, nin antes nin despois o que lles pase aos nenos é responsabilidade nin do centro nin da consellería.

Dito isto, para evitar a mestura dos nenos á hora de acceder as actividades extraescolares, as filas faranse na entrada do cole non dentro do cole, no “hall” e os mestres colleran aos nenos para acceder á actividade en cuestión, por iso, debemos evitar, os pais en xeral, entreter ao monitor á hora de recoller aos nenos e a poder ser, si hai algo que lle queiramos dicir, é mellor que sexa ao rematar á actividade ou a través dunha notiña (se pode ser claro depende do tema)

Un saúdo!! e pasade un bo día festivo!!!!!

Noticias

5 Out

Varias cousas que vos temos que comentar:

  • No día de onte a dirección do centro nos comunica que, dado que o concello non ten cartos, de todas as nosas peticións relacionadas cas necesidades do colexio, priorizaron a porta de emerxencia do comedor e o tellado. E á consellería seguen pedindo o ascensor xa que a día de hoxe hai tres nenos con discapacidades.
  • Cando levedes aos vosos nen@s ás actividades extraescolares debedes de lembrar que os nenos teñen que facer a fila na entrada do colexio non no “hall”.
  • Para ás clases de cociña teñen que levar un mandil e un “tupper” por si non queren comer o que fan que o poidan levar para a casa.
  • Os nenos que van a patinaxe poderán deixar os patíns na xaula que ten o anpa no pavillón pero sempre baixo responsabilidade de quen os deixa, nunca da monitora, nin da anpa, nin do centro, para o que deberedes firmar un papel que pediredes á monitora asumindo isto…..e moi importante;  á hora de deixar os patíns van ter prioridade os nenos que quedan a comedor en función da capacidade da xaula.
  • Lembrade que as actividades debense aboar nos 5 primeiros días do mes xa que temos que pagarlle aos monitores. E para dar de baixa a un nen@ dunha actividade hai que avisar mínimo 10 días antes de que empece o mes seguinte senón cobrarase a cuota igualmente xa que á hora de pagarlle ao monitor xa está contabilizado dende o día 20 do mes anterior.
  • Sabemos que hai peticións dalgúns pais/nais que queren ver o funcionamento dos dous turnos do comedor, non hai problema sempre e cando chamen a “Jardanay” e eles organizarán as visitas cun orden, por suposto.
  • E o punto máis importante xa transmitimos á dirección do centro as vosas queixas sobre o tema tratado na reunión dos “madrugadores”.

Boas noites!!!!

Horario actividades 2016/2017

4 Out

Buenas tardes,

O horario das actividades para o curso 2016/2017 e o seguinte.

horario-2016-17-definitivo

Bo curso