Arquivo | Decembro, 2016

Campamento nada

14 Dec

Bos días,

A Federación de anpas fai un campamento no colexio Sanjurjo de Carricarte que se fará por riguroso orde de chegada.

Vos deixo aquí toda a información.

sanjurjo-de-carricarte

Advertisements

REVÁLIDAS

6 Dec

Estimadas FAMILIAS:

Anexamos comunicado sobre a retirada das reválidas e, para vosa información, os recursos de alzada presentados no Consello Escolar do Estado (CEE) e proposta de ditámen alternativo ao previsto inicialmente na convocatoria da Permanente do CEE, que elaboramos en CEAPA.

Isto é o que nos envían dende a federación de anpas para o voso coñecemento.

Aquí vos deixamos os arquivos: 161124-dictamen-alternativo-ceapa-al-informe-de-la-ponencia-de_pr15_om_pruebasevfinales-copia

FESTA de NADAL

6 Dec

Aquí estamos de novo para informarvos que este ano a FESTA de NADAL que fai o anpa será o día 16 de decembro no mesmo horario de sempre de 16:30 a 19:30, recordarvos que teremos a visita das súas Maxestades os REIS MAGOS de ORIENTE que recolleran as cartas dos vosos nen@s, así coma xogos e hinchables.

A entrada para os socios será gratuita presentando o carnet de socio do anpa, e para os non socios terá un custo de 5€ por nen@.

E o máis importante e que os nen@s non poderán acodir sos á festa, terán que ir acompañados dun adulto senón non poderán entrar, isto é porque nin o ANPA nin a DIRECCIÓN do centro se fan responsables deses nen@s. O mesmo ocorre no caso de que entren acompañados e despois o adulto que os acompaña marche e quede o nen@ só, repetimos que neste caso tampouco nin o ANPA nin a DIRECCIÓN do centro se fan responsables deses nen@s. En calquer caso sempre ten que haber un adulto acompañando aos nen@s.

Esperamos vervos ese día para que os nen@s disfruten que é a nosa intención, nesta e en todas as cousas que facemos dende o anpa porque todo o que facemos e sempre pensando nos nosos NEN@S.

Un saúdo de novo e grazas polo voso apoio.

 

 

POE e PATINAXE

6 Dec

Bos días de novo familias, só lembrarvos que neste mes antes de que remate o cole para as festas de nadal, é necesario que renovedes estas dúas actividades as que van os vosos fillos, xa que son actividades do concello trimestrales.

No caso de PATINAXE renovaredes a actividade xa ata final de curso, é dicir, pagaredes dende o 1 de xaneiro ata o 31 de maio e no caso de POE non é así, teredes que renovar agora este trimestre e en marzo o último.

En POE e en PATINAXE tedes a opción de renovar directamente pero si queredes facer alguna modificación dos días os que vai o nen@ a actividade (neste caso só para actividade de POE) ou dalo de alta porque este trimestre non foi (neste último caso serve tamén para patinaxe) deberedes cubrir o impreso que temos á vosa disposición no anpa.

Non é o mesmo para o resto das actividades que son MENSUALES.

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo!!!

Queixas e suxerencias

6 Dec

Bos días, dende o anpa faro decidimos que para facilitarvos a comunicación con nos, imos colgar un documento que poderedes descargar para facernos chegar todas as vosas suxerencias ou queixas, de calquer tipo, é dicir, sobre as actividades, sobre as festas…..calquer cousa que se vos ocorra ou que vos afecte positiva ou negativamente.

O tema das actividades extraescolares e dous seus monitores, coma xa falamos, anteriormente nas reunións, e moi importante que nos fagades chegar todo o bo e o malo que vos pase, porque sabemos que hai nenos que deixan de ir ás actividades por mor dos monitores por exemplo pero os pais non nos informan do que lles ocorre co cal nos non podemos facer nada por solucionar o tema.

Agradecemos de corazón que si tedes algo que contarnos que cubrades o impreso que vos vamos facilitar, tanto a través do blog coma no local da anpa, para que así podamos atender todas as vosas peticións ou queixas.

Un saúdo!!!

Aquí tedes o enlace para descargar o impreso: queixas-suxerencias