Arquivo | Abril, 2017

Día 2 de Maio

20 Abr

Lembrade que, como notificou hoxe o centro, o día 2 de Maio é día lectivo anque na circular de primeiros de curso poñía que non era día lectivo, agora si que o é porque o concello cambiouno polo 8 de marzo.

 

un saúdo

Advertisements

FOTOS CURSOS

18 Abr

Buenos días,

A petición del centro, se realizarán las fotos de grupo del resto de cursos.  El importe será de 1€ para los socios y 3€ para los no socios del anpa.

Fecha tope para el encargo de todas las fotos (incluídas la foto grupas de 6ºEI y la Orla de 6ºEP) el 05/05/17. Como siempre solo se harán las fotos encargadas y pagadas previamente.

 

ORLAS

11 Abr

La Coruña, 04 de Abril de 2017

Estimadas familias,

Orla de 6º de EP e foto de 6ºEI

O vindeiro xoves 20 de Abril imos facer as fotos para a ORLA dos nen@s que este ano rematan o colexio, é dicir, os nenos de 6º de E.P.; e a foto de grupo para os nenos que rematan a etapa infantil, é dicir, 6º de E.I..

Para isto, SÓ, os nenos de 6º de E.P. teñen que traer ese día un polo ou camisa branca xa que lles poñeremos corbata, toga e birrete para que saian todos iguais (doados como xa sabedes de anos atrás por “La Casita de Valeria”). Tamén, SÓ a eles, se lles dará a foto da ORLA enteira e a maiores teñen a opción de pedir a súa foto individual.

Os custos son:

– Orla de 6º E.P. para os SOCIOS: 5€ e foto individual do nen@ sin custo.

– Orla de 6º E.P. para os NON SOCIOS: 10€ e foto individual do nen@ 1€.

– A foto de grupo de 6º E.I. para os SOCIOS: 3€ non hai opción de individual.

– A foto de grupo de 6º E.I. para os NON SOCIOS: 6€ non hai opción de individual.

Só se farán as encargadas e as pagadas. Se alguén non quere que o seu fill@ saia na orla ou na foto, facérnolo saber deixando unha nota no buzón, mandándonos un correo electrónico (anpafaro@hotmail.com) ou chamando ó teléfono 698 16 77 33 antes do xoves.

Este ano non se farán as fotos de grupo das aulas que non rematan infantil nin primaria debido ás numerosas queixas, por motivos varios, que nos transmitiron o curso pasado. Aclaramos de igual modo que tanto as de 6º de E.P. como as de 6º de E.I. fanse a petición dalgúns pais SOCIOS do ANPA, xa a decisión da xunta directiva do ANPA era de non facelas xa que como tal non temos nigunha obriga.

Boa Semana Santa!!!!

A Xunta directiva

CAMPACOLE

4 Abr

Boas tardes, como xa vos comunicáramos fai uns días, a federación de anpas organizou un campamento para semana santa, o que nos implicaba pedir autorización á dirección do centro e si esta aceptaba convocar un consello escolar extraordinario para aprobar isto.

Así o fixemos pero a día de hoxe a xefatura territorial aínda non respondeu á solicitude do uso das instalacións, cousa que lle comunicamos á federación de anpas para que, si o consideraban, buscaran alternativas.

Ante isto, recibimos as seguintes palabras da federación:

INFORMÁMOSVOS QUE XA REMATADO O PRAZO PARA AS INSCRICIÓNS DO CAMPACOLE DE SEMANA SANTA, OS CENTROS ONDE FINALMENTE SE LEVARÁ A CABO SON: CEIP ANXO DA GARDA, CEIP MANUEL MURGUÍA, CEIP SAN PEDRO DE VISMA E CEIP ZALAETA.

AINDA QUEDAN PRAZAS EN CALQUERA DESTES COLEXIOS, POLO QUE EN CASO DE QUE ALGUNHA FAMILIA O PRECISE, DEBERASE ACHEGAR O ANTES POSIBLE A FACER A INSCRICIÓN NA NOSA OFICINA NA RÚA ORZÁN 21.

 

Isto é o que nos din e o que vos trasmitimos

un saúdo