ORLAS

La Coruña, 04 de Abril de 2017

Estimadas familias,

Orla de 6º de EP e foto de 6ºEI

O vindeiro xoves 20 de Abril imos facer as fotos para a ORLA dos nen@s que este ano rematan o colexio, é dicir, os nenos de 6º de E.P.; e a foto de grupo para os nenos que rematan a etapa infantil, é dicir, 6º de E.I..

Para isto, SÓ, os nenos de 6º de E.P. teñen que traer ese día un polo ou camisa branca xa que lles poñeremos corbata, toga e birrete para que saian todos iguais (doados como xa sabedes de anos atrás por “La Casita de Valeria”). Tamén, SÓ a eles, se lles dará a foto da ORLA enteira e a maiores teñen a opción de pedir a súa foto individual.

Os custos son:

– Orla de 6º E.P. para os SOCIOS: 5€ e foto individual do nen@ sin custo.

– Orla de 6º E.P. para os NON SOCIOS: 10€ e foto individual do nen@ 1€.

– A foto de grupo de 6º E.I. para os SOCIOS: 3€ non hai opción de individual.

– A foto de grupo de 6º E.I. para os NON SOCIOS: 6€ non hai opción de individual.

Só se farán as encargadas e as pagadas. Se alguén non quere que o seu fill@ saia na orla ou na foto, facérnolo saber deixando unha nota no buzón, mandándonos un correo electrónico (anpafaro@hotmail.com) ou chamando ó teléfono 698 16 77 33 antes do xoves.

Este ano non se farán as fotos de grupo das aulas que non rematan infantil nin primaria debido ás numerosas queixas, por motivos varios, que nos transmitiron o curso pasado. Aclaramos de igual modo que tanto as de 6º de E.P. como as de 6º de E.I. fanse a petición dalgúns pais SOCIOS do ANPA, xa a decisión da xunta directiva do ANPA era de non facelas xa que como tal non temos nigunha obriga.

Boa Semana Santa!!!!

A Xunta directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.