Arquivo | Setembro, 2017

MARCHA

30 Set

Como quedamos onte na reunión, xa o imos adiantando por este medio anque mandaremos unha circular, a maioría dos membros do anpa (de 7 que somos, 5 de nós) o próximo curso é o último que estaremos no cole, co cal é o último que podemos formar parte da directiva da asociación. Isto quere dicir que só quedarían dúas persoas para compoñer o anpa (e unha delas só un curso) cousa que non está permitido polos estatutos de esta nosa asociación, xa que se require un mínimo de cinco.

Consecuencia disto é que o ANPA se disolve quedando o colexio, e sobre todo vós, papás, sen nengún tipo de servizo, nin madrugadores, nin comedor, nin actividades extraescolares……e a maiores si despois dista disolución alguén quixera formar parte do anpa para  volver a dar estes servizos, tería que constituíla de novo (novo cif, nova alta en facenda…..)

Así que xa sabedes, se non queredes que esto ocorra, ídevos unindo a nós para rodar un pouco en todo o que hai que facer……………..

LEMBRADE MARCHAMOS

Advertisements

ACTIVIDADES QUE SAEN

30 Set

O vindeiro luns, 2 de Outubro, comezan as actividades extraescolares, a continuación poñemos os grupos que se formaron para que se leven a cabo as actividades:

  • ballet: xuntan infantil e primaria e hai un total de 12 nenos
  • patinaxe infantil: 15 nenos
  • patinaxe primaria: 28 nenos
  • teatro: 7 nenos
  • karate: 12 nenos
  • judo infantil: 16 nenos
  • judo primaria: 12 nenos
  • zumba infantil: 13 nenos
  • zumba primaria: 5 nenos
  • inglés infantil: un grupo no horario de luns e mércores de 16 a 17h con 10 nenos
  • inglés primaria: un grupo os martes e xoves de 16 a 17h con 8 nenos e outro grupo os luns e mércores de 17 a 18h con 7 nenos.
  • cociña: só hai 5 nenos e estamos pendentes de si o monitor di que si ou non á actividade porque son moi poucos nenos.
  • robótica: non sabemos aínda o número de nenos que formaran os grupos debido ao erro que vos comunicamos días atrás no horario, do que repetimos as disculpas. Pero vos manteremos informados.

grazas!!!!

HORARIO DE ACTIVIDADES DEFINITIVO

30 Set
LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
 

 

DE 16 A 17 HORAS

Zumba-EI  (aula múltiple) Ballet EI y EP(aula múltiple) Zumba-EI (aula múltiple) Kárate-EI y EP (Pavillón) Ballet- EI y EP(aula múltiple)
Patinaxe-EP (Pavillón) Inglés-EP Patinaxe-EP (Pavillón) Teatro-EI y EP(aula múltiple)
Inglés-EI

 

Judo-EI (Pavillón) Inglés-EI Robótica E.I. Judo-EI (Pavillón)
Inglés-EP
Cociña-EI/EP (Comedor)
 

DE 17 A 18 HORAS

Zumba-EP (aula múltiple) Zumba-EP (aula múltiple) Cociña-EI/EP(comedor) Pte grupo
Patinaxe-EI (Pavillón) Judo-EP (Pavillón) Patinaxe-EI (Pavillón) Robótica-EP
Inglés-EP Inglés-EP Teatro-EI y EP (aula múltiple) Judo-EP (Pavillón)

POE

27 Set

A actividade de POE non sae, o concello considera poucos nenos para facer un grupo, co cal, tedes dúas opcións; unha esperar por si alguén se apunta nos vindeiros días ou; outra vir a recoller os vosos cartos e dar de baixa ao voso neno na actividade.

Grazas de novo pola vosa paciencia

ROBÓTICA

27 Set

Como xa comunicamos vía whatsapp aos pais implicados nesta incidencia, facemosvos saber que houbo un cambio no horario da actividade de Robótica.

A actividade só é dunha hora á semana e deixa de ser os luns e os mércores pasando a ser os XOVES; para infantil de 16 a 17h e para primaria de 17 a 18h.

Sentimos as molestias que isto vos poida causar, si que rogamos que comuniquedes por calquer medio se o voso fillo segue apuntado á actividade ou non; en caso negativo debedes pasar polo noso local a recoller os vosos cartos.

Un saúdo e grazas pola vosa colaboración

UNIFORMES

19 Set

Familias, lembrade que seguimos tendo Uniformes no local da Anpa ou no local de “LA CASITA DE VALERIA”

 

Grazas!!!!!

Actividade de COCIÑA

19 Set

Bos días familias; só avisarvos dunha cousa, se recordades no calendario de actividades que vos foi na circular de primeiros de curso, a actividade de cociña está posta en dous días (unha hora cada día).

Isto ímolo cambiar e imos poñer as dúas horas seguidas o xoves de 16:00 a 18:00h para que lles de máis tempo a desenrolar a actividade.

Un saúdo!!!!!!