Como quedamos onte na reunión, xa o imos adiantando por este medio anque mandaremos unha circular, a maioría dos membros do anpa (de 7 que somos, 5 de nós) o próximo curso é o último que estaremos no cole, co cal é o último que podemos formar parte da directiva da asociación. Isto quere dicir que só quedarían dúas persoas para compoñer o anpa (e unha delas só un curso) cousa que non está permitido polos estatutos de esta nosa asociación, xa que se require un mínimo de cinco.
Consecuencia disto é que o ANPA se disolve quedando o colexio, e sobre todo vós, papás, sen nengún tipo de servizo, nin madrugadores, nin comedor, nin actividades extraescolares……e a maiores si despois dista disolución alguén quixera formar parte do anpa para volver a dar estes servizos, tería que constituíla de novo (novo cif, nova alta en facenda…..)
Así que xa sabedes, se non queredes que esto ocorra, ídevos unindo a nós para rodar un pouco en todo o que hai que facer……………..