Arquivo | Marzo, 2018

Becas comedor curso 2018-2019

20 Mar

Bases axudas comedor 2018-19

Bos días familias; recibimos esta comunicación do Programa municipal de traballo con familias:

Hoxe 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Parece que as bases da convocatoria de bolsas de comedor que aparece na web municipal son as do ano pasado. Xunto as bases que saen publicadas no BOP e que corresponden ao vindeiro curso.

Un saúdo!

1ª

2ª

3ª

4ª

 

 

Advertisements

Cheque comedor

12 Mar

Estimadas familias,

Poñemos no voso coñecemento que a partir do 3 de Abril poderedes pasar a recoller o voso cheque do comedor, sempre que o voso fillo acudise a dito de servizo no curso 2016-2017. Condición indispensable para a recollida é presentar o DNI do titular (normalmente nai/pai/titor legal do nen@) que no seu momento solicitara dito servizo.

Se por calquer motivo o noso horario non se adaptase á vosa disponibilidade e mandades a alguén no voso lugar, dita persoa deberá de traer a copia do voso DNI, do dela e unha autorización expresa e escrita firmada por vós. O horario para pasar a recollelos son Martes de 16 a 17h, Mércores de 9 a 9:30h e Venres de 9 a 9:30h.

O prazo máximo para recoller dito cheque o 1 de Xuño de 2018.

A Xunta Directiva