Arquivo | Abril, 2018

Gracias!!!!!

30 Abr

Seguide este enlace:

https://cosasdeducacionfisica.blogspot.com

Aquí a profe de Educación Física, Elena, agradece a nosa colaboración que recibiu os días do Deporte na Rúa, días 25 e 26 de abril;  e evidentemente, dita colaboración é gracias ás nosas CUOTAS de SOCIOS.

Gracias!!!!!!!!!!!

 

 

Advertisements

Día 27 de Abril

19 Abr

Aquí estamos outra vez para dicirvos que o día 27 de Abril o colexio celebra o día do Deporte na Rúa que se fai todos os anos na Torre para todos os cursos de Educación Primaria.

Neste caso ocorre o mesmo que para o día 25, a profe pide a mesma colaboración máis as augas claro, e tamén, como para o día 25, ya temos todo encargado e cos voluntarios esperando a que chegue o día para votar unha man.

Grazas pola vosa atención!!!!

Día 25 de Abril

19 Abr

Hola de novo;

O día 25 de abril a profe de ximansia, Elena, ten organizada unha sesión especial do Deporte na Rúa na Praza de María Pita. Para isto vai levar entre 80 e 100 nen@s de Educación Primaria e xuntalos con nen@s de outros 3 colexios máis para facer exhibicións dos distintos deportes que practican na escola.

Ante isto, a profe pediunos colaboración, por una lado, o ANPA aportará unha peza de fruta para cada nen@ (as augas apórtaas para todos os nen@s, un dos coles que tamén participa) e por outro lado necesitaba 4 papás que a axudaran cos nen@s e co material que hai que levar para a praza.

E ahí estamos nos, colaborando, temos papás e avós voluntarios e xa temos encargadas as froitas. Co cal so queda esperar que todo saia ben.

Un saúdo!!!!!

Fotos

19 Abr

Boas familias;

Só lembrarvos que podedes comezar a reservar as fotos dos vos@s nen@s a partir do venres 27 de abril, así reservades coa seguridade de que sae o voso nen@ na foto, non vaia ser que por calquer motivo o xoves non vai ao cole e non saia……

boa tarde

Orlas (errata)

16 Abr

Bos días, fai un anaco publicouse a circular enviada no día de hoxe a todos os nen@s por motivo da realización das fotos do día 26. Nela non aparece que as fotos do resto dos cursos teñen un custo de 2€ para os socios a primeira copia (copias adicionais 4€) para os SOCIOS; e para os NON SOCIOS ditas fotos custan 4€.

Grazas e disculpade as molestias

Orlas

16 Abr

La Coruña, 16 de Abril de 2018

Estimadas familias,

Orla de 6º de EP e foto de 6ºEI

O vindeiro xoves 26 de Abril imos facer as fotos para a ORLA dos nen@s que este ano rematan o colexio, é dicir, os nenos de 6º de E.P.; e a foto de grupo para os nenos que rematan a etapa infantil, é dicir, 6º de E.I..

Para isto, SÓ, os nenos de 6º de E.P. teñen que traer ese día un polo ou camisa branca xa que lles poñeremos corbata, toga e birrete para que saian todos iguais (doados como xa sabedes de anos atrás por “La Casita de Valeria”). Tamén, a eles, se lles dará a foto da ORLA enteira e a maiores teñen a opción de pedir a súa foto individual.

Os custos son:

– Orla de 6º E.P. para os SOCIOS: 5€ a primeira copia e foto individual do nen@ sin custo a primeira copia, as adicionais terán un custo de 1€ no caso das fotos individuais e 10€ no caso da orla.

– Orla de 6º E.P. para os NON SOCIOS: 10€ e foto individual do nen@ 1€.

– A foto de grupo de 6º E.I. para os SOCIOS: 3€ a primeira copia, non hai opción de individual e as copias adicionais terán un custo de 6€.

– A foto de grupo de 6º E.I. para os NON SOCIOS: 6€ non hai opción de individual.

– A foto de grupo dos restos dos cursos para os SOCIOS: 2€ a primeira copia e de 4€ as copias adicionais.

– A foto de grupo dos restos dos cursos para os NON SOCIOS: 4€.

Só se farán as encargadas e as pagadas ata o 11 de maio. Se alguén non quere que o seu fill@ saia na orla ou na foto, facérnolo saber deixando unha nota no buzón, mandándonos un correo electrónico (anpafaro@hotmail.com) ou chamando ó teléfono 698 16 77 33 antes do mércores 25 de Abril.

Ao final este ano faránse as fotos de grupo do resto dos cursos xa que non se ian facer por motivos varios derivados de cursos anteriores. Así como as de 6º de E.P. e as de 6º de E.I. que se fan a petición dalgúns pais SOCIOS do ANPA, xa a decisión da xunta directiva do ANPA era de non facelas xa que como tal non temos nigunha obriga.

A Xunta directiva