Arquivo | Xuño, 2018

Vacacions

19 Xuñ

Boas tardes familias;

Dende o 22 de Xuño ata o 1º día de cole en Setembro, o ANPA estará de vacacións, o cal quere dicir que pararemos o uso do Blog, teremos o teléfono da Anpa apagado e o mail só recibirá correos.

Disfrutade das vacacións como tamén o intentaremos nós.

Bo verán familias e grazas por estar sempre ahí

Advertisements

Fiesta de fin de curso

8 Xuñ

Estimadas familias,

 

Lembrarvos que este vindeiro venres, día 15 de Xuño, celebraremos a festa de fin de curso, no horario habitual de 16:30 a 19:30h. Haberá hinchables, animación, festa de espuma…………….así que non esquezades traer bañador, chanclas e toalla para os nenos.

 

Como é habitual, o custo para acceder á festa para os socios é cero euros, sempre que se traía o carnet de socio, e para os non socios é de 5€.

E tamén, coma sempre, os nen@s non poderán entrar nin permanecer sós á festa, deberán ir e estar acompañados por un adulto durante o tempo que estén na festa, xa que nin o ANPA nin a Dirección do Centro se fará responsable de ningún nen@.

Un saúdo